Festival na Quinta de Nápoles

NPOLES~3 

Situada no último tramo do rio Tedo a Quinta de Nápoles apreciase desde a estrada que seguindo o curso do Douro une Pesso da Regua e Pinhao. De lonxe ou máis de preto o único que destaca no verde amarronado do contorno é a casiña branca da quinta que coroa o que en apariencia é un pequeno outeiro rodeado de socalcos.

P9230673

Mas no seu interior escondense tres andares onde vibran depósitos e durmen toneis, casqueiros, fudres, barricas e outros contenedores amadeirados de diferentes tamaños e procedencias.

P9230658

Vindo desde o sul e mirando cara á antiga Gallaecia o Tedo diluese no Douro. O fondo, na outra beira do rio, o caminho de ferro vai cara Pinhao.

O Baixo e o Cima Corgo pasan os dias máis húmidos do ano. 

O Douro pletórico descende derrapando nas viradas e brincando cando tropeza.

A néboa cubre as vinhas altas, nas baixas os laranxeiros, con pintiñas da cor de seu, son coma pequenas guirnaldas brillando entre eses brancos e grises das nubens, que por momentos o cubren todo, por enriba, por abaixo e polo medio, entre o verde fresco da herba e o máis apagado das oliveiras, entre os marrons dos rios e da terra xistosa.

P9230659

O Tedo baixa en slalom deixando unha sucesión de abancalados esporons caendo alternativamente mirando ao leste un e ao oeste o seguinte, perdendose envoltos en nubes un tralo outro, pouco a pouco, no fondo.

P9230649

Dirk Niepoort produce viños e historias coma este festival: O  Festival Cotes du Rhone, amenizado por quince domaines (Alain Graillot, Chezé, Combier, Gerin, Courbis,…), un chateau (Revelette), os cinco Douro boys (Crasto, Vallado, Vale Meao, Vale Dona Maria e Nieeport) e o único Fritz Haag, ah¡¡ e polo medio o Raúl Perez.

P9230650P9230643P9230641P9230664P9230651

Foron poucas as fotos, nengunha as notas escritas, moitos os viños probados é máis as palabras partilladas coas caras coñecidas e coas descubertas, e as que ficaron.

No recordo unha syrah máis fresca, co carácter de seu, non condicionada nen amaneirada pola madeira ou por maduracions de máis ou por insolacions semidesérticas… con froita máis fresca, con viveza, carácter, rústicidade nalgún, finura noutros. 

Nos brancos os recordos foron pasaxeiros, cecais por non atopar neles todo o anterior, ou non fun quen de centrarme como deberia neles. 

Que diferentes estes rouge do Rhone da xa lexión de syrah peninsulares¡¡, ¿quen non fixo ultimamente unha cata con varios deles? Os que traballan con castes propias, de seu, ainda que modernicen, renoven ou innoven o seu cultivo ou a sua elaboración sempre terán a referencia da tradición, do pasado, das antigas experiencias, do lento paso das xeneracions. Os que importan variedades impostas pola moda aproveitanse basicamente do clima (madurez), o archifamoso sol ibérico, e dos adornos que a adega facilita (madeira, técnicas de elaboración) e non da simbiose co seu contorno, hipertrofiando ou caricaturizando unha variedade sen identidade, porque non poden ou non queren, polo rápido consumo que impoñen as modas.

Outros recordos: Quinta das Bageiras branco do 94, Robustus de Niepoort, Fritz Haag tudo, Soalheiro Primeiras Vinhas, increibel, 07 ou 08, dame igual, ¿para cando algo semellante na outra beira do Minho (Condado)?. Por fin no meu copo o Vinha da Ponte e máis logo o Maria Teresa da Quinta do Crasto, pero…  tomo distancia co Douro máis concentrado. De Raúl: El Pecado muito bom e La Claudina, la claudina… necesitaría 24 horas con ela, coñecernos a fondo, partillar, facelo muitas veces para chegaren ó seu fondo, alma e corpo. Incluso me perdin por duas veces na explicación da sua elaboración, pura creación ou “simples” instinto, ou puro instinto e “simples” creación.

Obrigado Sergio Pereira pelo convite.

a primeira foto é de pingas no copo

5 ResponsesFestival na Quinta de Nápoles to “”

  1. Olá, foi um prazer conhecer-te
    Um forte abraço
    Rui Miguel, o Pingus Vinicus

  2. Rui e Pingus, foi um prazer.

    abraços

  3. Estes encontros além de vinho servem para conhecer pessoas que já vamos conhecendo pelas leituras dos seus textos.
    Gostei de te conhecer e a ver se nos encontramos em breve por Galicia.

    Saludines

  4. ou por ahí abaixo

    saudos

  5. […] Son oito os amigos da baga, cada un deles representando diferentes terroirs e estilos desta caste na Bairrada, que unen forzas para promover a Baga e recuperar a herdanza antiga de viñedos que se estaban a perder. Son Mario Sergio (Quinta das Bageiras), Luis Pato, o Palacio de Bussaco, Sidonio de Sousa, Kompassus, François Chasan, Filipa Pato e o mediático e productor de viños en varias zonas do mundo Dirk Niepoort […]