Pago de Bemil

O Pago de Bemil é un pequeno viñedo de unha hectárea recoñecido coma ecolóxico polo consello regulador da agricultura ecolóxica, dato moi importante este nos tempos que andamos, tan importante coma que se faga un viño co froito dun so viñedo respectando así a súa esencia, aínda que so de para 4.000 botellas, e non remate mesturado con outros de características ou calidades diferentes incluso inferiores, tamén é significativo elaborar un viño branco en Galiza con vocación de durar no tempo, pero o que remata por dar outra dimensión, un outro máis alá, é o feito de ter o privilexio de estar ó carón ou protexido pola Igrexa románica do século XII de Santa María de Bemil, no concello de Caldas de Reis, porque… sabemos que estas edificacións están situadas en lugares especiais… e que entre o ceo e a terra hai algo máis, e que todo pasa pero tamén fica…

A adega Sucesores de Benito Santos, situada a 500 m. do mar en Vilanova de Arousa, practica e defende o cultivo en harmonía coa natureza e a elaboración por separado dos viños de cada finca, con este Pago de Bemil (05) ademais un viño branco que sae o mercado tres anos despois da súa anada pudendo ser mercado cinco anos despois sen que pase nada ou pase que nos atopemos cun viño branco máis complexo pero mantendo o frescor de seu.

Paseo granítico de transfondo salino,

un cardo mariño nas dunas,

a distancia trae a froita escarchada co seu punto guloso

acompañados das ortigas camiño da casiña.

Equilibrado en boca, seco no seu primeiro saudo pero de conversa fresca e agarimosa, deixando na despedida unha sensación salina, recordos do paseo, que marca a identidade da súa orixe.

3 ResponsesPago de Bemil to “”

  1. Encantame que teñas escrito sobre este viño. Fai unhas semanas topei de casualidade unha referencia na rede sobre el. So era unha ficha de cata, así que non me aclaraba o dato importante: o pago está xusto ó lado da iglesia de Bemil.

    Esta iglesia é moi importante para a nosa familia: meu pai foi bautizado alá, eu fixen alí a miña primeira comunión (en realidade con trampa, porque enfermei ese día, pero a ceremofia fixose igual) e meu abó e a miña prima estan enterrados nese cemeterio (máis familia tamén, pero estes dous son os máis cercanos).

    Xa estou tardando en escribir á bodega para conseguir unhas botellas. Vai ser un detalle moi especial para a nosa familia.

  2. Fermosa historia Xose… para acompañala coa familia en Bemil co viño de seu.

  3. […] das diferentes terriñas (albariños de pagos). Por este caderno teñen pasado algún deles coma o Pago de Bemil ou o Pago de […]