Archive for Febreiro, 2010

Premios Magnum 2010

Duas entradas atrás ou abaixo reproducía os obxectivos que tiña e os fundamentos que deran lugar á convocatoria da cea vinolvidable do viño galego, perfectamente levada adiante pola Compañia de viños Maria Fechoria no Pepe Vieira. Coa certeza da sua continuidade so fica felicitar aos premiados nos diferentes apartados, eles foron: Guillermo Campos, o restaurante Casa Solla, o viño Merenzao […]

“Galicia, viños de parroquia, val e paraxe”

O relato para este Forum 2010 titulouse “Galicia, viños de parroquia, val e paraxe”  deseñado para imaxinar, para soñar, aventurar, emocionarse ou simplesmente elucubrar o futuro do viño neste Pais. Historia basada no argumento que define a filosofía deste caderno viticulturista expresada en entradas coma: viticólogos, voltar á orixe, terriña, identidade, arquitectura da viña, os […]

Unha noite Vinolvidable

Xa estamos metidos de cheo no Forum Gastronómico,   O programa de actividades para estos dias como podedes comprobar é variado e moi atractivo, ademais aproveitando este evento a Compañía de Viños María Fechoría & Asociados organiza, coa convocatoria da Asociación Galega de Enoturismo e da Asociación Galega de Sumilleres, unha winelive ou cea vinolvidabel o vindeiro martes no Pepe Vieira […]

viticólogos

Debémoslle todo o mellor que temos no viño a uns cantos viticultores, fieis labradores de viñas, auténticos visionarios do potencial das súas cepas, iluminados pola esencia das súas terriñas, que guiados na adega por algúns enólogos, menos ca eles, con maneiras naturais e limpas, respectando os bagos que estes heroes viticólogos acunaron, e por suposto […]

Viña Caneiro

Un viño de viña, de vila, de orixe, de caste… viño que desde a esencia de seu transcende, si, Máis Alá… so con mirar a sua cariña brillante, inspirando coma un suspiro as notas dos seus airiños, bicando suavemente o seu corpiño ate sentilo ben dentro, chegando, a modiño, un a un, aos praceres que garda … Fino, (diferente a ese vino fino que outros […]