Viña Caneiro

Un viño de viña, de vila, de orixe, de caste… viño que desde a esencia de seu transcende, si, Máis Alá… so con mirar a sua cariña brillante, inspirando coma un suspiro as notas dos seus airiños, bicando suavemente o seu corpiño ate sentilo ben dentro, chegando, a modiño, un a un, aos praceres que garda …

Fino, (diferente a ese vino fino que outros tradicionalmente adosaronn ao seu nome), sutil finura, vertical, incisivo, chega rectilíneo mesturando especiarias finas e froita ennegrecida e baias ceibes no campo… con finura, cubertas nunha, outra vez, fina envoltura, veo mineral de tal sutilidade que el soiño desfaise en segundos, sen que nos deamos conta, deixando paso ás cores máis vivas da fruita vermella e da flor sobre a herba empedrada.

Saboroso, goloso, fresco…

seda transparente ao vento fresco, asi recorre o padal, e coma o aire perfumado das suas roupaxes fica en nos o seu recordo…

fino frescor iluminando o espazo todo, o pasado e o futuro, o interior e o exterior…

brutal de borracheira, indefensa,

!Quen te collera!

burlandote de min, a fermosa trenza

Oh! quen bebera

 

P.S. Desde que me chamaron para a cata no Forum Gastronómico de Santiago o primeiro viño que me veu a mente para ela foi o Viña Caneiro, falara do tema hai meses con Ramón Losada … pero agora non hai (¿?). “Normalmente” cando hai so é posibel atopalo detrás do solpor.

Os versos son de Rimbaud e as fotos non sei

Os comentarios están pechados.