“Galicia, viños de parroquia, val e paraxe”

O relato para este Forum 2010 titulouse “Galicia, viños de parroquia, val e paraxe”  deseñado para imaxinar, para soñar, aventurar, emocionarse ou simplesmente elucubrar o futuro do viño neste Pais. Historia basada no argumento que define a filosofía deste caderno viticulturista expresada en entradas coma: viticólogos, voltar á orixe, terriña, identidade, arquitectura da viña, os mellores bagos, os que virán, novos-vellos viños.

Relato acompañado de imáxenes que reflicten orixe e personalidade, que nos acercan á esencia das terriñas dos cinco viños elexidos coma modelos para guiar esta historia, envoltos na música que me tocan os seus tragos e as suas paisaxes. Viños seleccionados por representar fielmente este argumento.

O obxectivo era sumerxirse na orixe e na esencia dos territorios do Pais dos mil rios cos seus mil vales, e das máis de tres mil parroquias, e desta maneira imaxinar os viños que virán, que xa están vindo, que nos acabarán levando a delimitacións xeográficas máis atinadas que as actuais.

Un pais abrazado polo Atlántico que se extende sobrevoando estes territorios enchidos de paraxes, de microespazos encepados de viñas, microviñas, ribeiras sobrecollidas, suaves e ondulantes ou en vertixinosas vertentes orantes buscando a luz. Iluminadas polo solpor atlántico, con castes de nomes agarimosos, irreproducibles noutros lares,melancólicas e morriñentas, castes apegadas ás suas terriñas onde expresan a súa identidade con humildade pero con vocación universal. Con estes argumentos artellaremos os futuros terroirs do viño galego… de viñas, paraxes, vales, parroquias.

_ARV5762

Voltar á orixe, á viña, á grandeza do pequeno, aos matices que definen as diferenzas. Minifundios, microespazos, microuniversos. Ser fieis á vocación dunha terra, interpretada con respeito, sen técnicas invasivas, sen escondelas con maquillaxes.

Defender as parroquias para o viño como a lectura máis explícita do territorio, a exactitude da delimitación xeográfica que decantaron as sucesivas xeneracións que habitaron o seu espazo. A medida perfecta do terroir, da xeografía física e a súa conxunción coa actividade humana nunha unidade, nun ser que vai máis alá.

Estes foron os viños de vilas, parroquias, vales e de paraxes:

Parroquia de Santa Cruz de O Bolo no Val do Bibei da rexión de Valdeorras. As Sortes

Doade, Amandi, na ribeira do Sil das Ribeiras Sacras. Algueira Pizarra

Meaño, Val do Salnés, Rías Baixas. Goliardo Caiño

A Telleira (Dena)

Arnoia, O Ribeiro. A Torna dos Pasás Escolma

Parroquia de Pazos de Monterrei. Gorvia

Camiñamos a modo, aparentemente sen destino fixo, ó través dos días que pasan entre tragos de cores frescas, buscando un Máis Alá que din inalcanzabel para Nos.

Non rematou o Forum, aínda da para moito, hoxe tamén será unha intensa xornada, por exemplo presentaranse os de Galicia Gourmand Cociñas con encanto, entre eles os amigos Pedro Villamarín e Oscar Cidanes. Pero hoxe non me levanto. O martes durmín pouco e madruguei dabondo, os dias anteriores acumulara nervosismo e o traballo feito para o relato do Forum viño. Joder! si despois de min aparecería en escea él, si, Josep Roca, sensibilidade, profisionalidade… Pola tarde estivo Jesús Barquín descubrindo interesantísimas historias sobre o universo jerezano, Deus! xa me pedín unha visita entre albarizas, sacristías e soleras.

Grazas á xente do Forum polo convite, a todos os asistentes ó relato e sobre todo a Xose Luis Mateo, Rodri, Luis Anxo, Fernando, Rafa Palacios e Cecilia. Obrigado Agustín (tinín) pola reportaxe fotográfica e pola paciencia que lle botaches. Ah! e a Jorge Portela pola infraestructura inherente a elo.

One Response“Galicia, viños de parroquia, val e paraxe” to “”

  1. Puedes visitarnos en:
    http://grupogourmand.es/