Archive for Marzo, 2010

o tinto de O Rosal

Baixo Minho O único tinto de O Rosal era o Torroxal, estaba elaborado por Viñedos do Rosal coas castes tradicionais do Baixo Miño (caiño, brancellao, sousón, castañal) no seu caso dun viñedo dividido entre as parroquias de Figueiró e Estás en Tomiño. O proxecto desta adega significou unha aposta pola elaboración de tintos nesta subzona das […]

TiNtoS

O que é agora non é o que foi e tampouco o que será. Seguindo esta perogrullada os brancos galegos van queimando etapas, asentando piares, alicerces que garanten a súa estabilidade e permiten experimentar nos vieiros que fican por liberar das dúbidas que aínda provocan, coma por exemplo os preconceptos sobre a súa lonxevidade, ou […]

Nistal

A rapaza de Galway acompañou ao Gorvia no Forum, hoxe outro viño da Quinta da Muradella vai groliño a groliño co seu son entre as herbas húmidas e as de aromas, entre os froitos silvestres e os mesmos máis gulosos, entre o pao de regaliz e a flor mollada, entre o regato apaciguado  e o paso […]

paraisos

camiñando, respirando, latexando, escoitando o cruxir das pedriñas en cada paso, cegado pola herba resplandecente, o verde mullido das alturas, lubricando as células e as neuronas nos regatos rebeldes, co aire limpo nos pulmóns, fol que intensifica o son rítmico a golpear no peito.   ir ei ate a Fin do Mundo pasar ei suavemente polo seu paraíso as tormentas do camiño non […]

Antonio Carvalho/Casal Figueira

Na Estremadura, entre Torres Vedras e a Serra de Montejunto, nas suaves encostas areosas expostas ó norte, coa brisa atlántica e a suavidade do clima nos bagos de marsanne, rousanne e arinto, o Casal Figueira Branco – Tradition 2005 … ou coma reflectir a natureza, a paisaxe do contorno. Ven o seu primeiro aire co calor acumulado na […]

Ekam

Os monxes hospitalarios estiveron no Castell d´Encus desde o lonxano ano de 1151 ate o 1752. Nesta zona prepirenaica da veguería do Pallars Jussá plantaron o seu viñedo entre os 850 e os 1000 metros de altura e vinificaron os seus bagos en grandes lagares escarbados na rocha. O viñedo e o viño volveron a […]

Essencia do Vinho

Por quinto ano consecutivos baixamos polo natural eixo atlántico ate Porto. Todo o que probou ficou enganchado á essencia do vinho.