Antonio Carvalho/Casal Figueira

Na Estremadura, entre Torres Vedras e a Serra de Montejunto, nas suaves encostas areosas expostas ó norte, coa brisa atlántica e a suavidade do clima nos bagos de marsanne, rousanne e arinto, o Casal Figueira Branco – Tradition 2005 … ou coma reflectir a natureza, a paisaxe do contorno.

Ven o seu primeiro aire co calor acumulado na terra (pechado na garrafa esperaba o momento de voar) a pesares do frio que lle acompaña cando é verquido no copo, deixando a presenza das pedras ventiladas pola brisa salina e os cardos agochados entre os graos de area.

Profundo, incisivo pero amplo, extenso.

Pel de laranxa, citrino salificado, o campo aromatizado das herbas, co paso dos aires o amarelo soleado dalgunhas froitas, os fruitos secos e a cáscara de laranxa.

A recia timidez que disfraza un trato sedoso, envolvente e volumoso.

 

Antonio Carvalho: a búsqueda da excelencia auténtica, a revelar o mellor da terriña, sentindo a terra, o xeito intuitivo, sen condicionamentos culturais ou tradicionais, o labor bio e dinámico, as experiencias erradas, a simpleza na adega, tamén a tradición: presagem longa e suave, sen lévedos seleccionadas (obviamente), a madeira usada (neste branco 18 meses). Asi era o proxecto da Quinta do Casal Figueira ate que no 2008 rematou para sumirse noutros, coas mesmas maneiras.

Infelizmente Antonio Carvalho finou a pasada vendima de morte súbita mentres pisava bagos no seu lagar.

Viticólogo de maneiras apaixoadas e soñadoras, de viños contracorrente.

fotografía de Silvia Bastos

Os comentarios están pechados.