Nistal

A rapaza de Galway acompañou ao Gorvia no Forum, hoxe outro viño da Quinta da Muradella vai groliño a groliño co seu son entre as herbas húmidas e as de aromas, entre os froitos silvestres e os mesmos máis gulosos, entre o pao de regaliz e a flor mollada, entre o regato apaciguado  e o paso lento pero vivo, entre o corpiño que quere ficar na boca e o longo e amargoso final.

A etiqueta pon: Nistal / Monterrei / elaborado polo viticultor J. L. Mateo en Verin. Rosado de bastardo (esto non o pon)

Monterrei

2 ResponsesNistal to “”

  1. Qué fenómeno este José Luis. Tentarei facerme con unha. Interesantísimo bastardo.

    Saúdos,

    Mariano

  2. é máis ca iso, non teño palabras, so podo dicir que é unha grandísima persoa.
    os seus viños van máis alá porque non esconden nada.

    apertas