Archive for Abril, 2010

Algueira pizarra

Foi hai un mes que uns cantos viños galegos (de Valdeorras, Ribeira Sacra e Rias Baixas), bercianos, durienses, toresanos e da ribeira do Duero castelán foron reunidos na denominada Cata de viños transfronteirizos que se celebrou no Palacio do Freixo, pousada situada á beira do Douro portuense. As sucesivas incursións polas diferentes copas que ían pasando […]

contacto

sumerxirse na madreselva, no verde da eira, na horta, cair nun prado enchido de prantas, verdes unhas, aromáticas outras, secas algunhas, espertarse nun campo recen segado no verán alumeado polo sol atlántico, a flor perdida nun mar de silvas, a urtiga e a froita delicadamente amarela,  a pastelaria cremosa, máis galega que portuguesa, que trae para a refeiçao […]

do Val do Salnés un Martín Codax

Da un pouco de reparo falar neste caderno dunha adega que acumula o 45% da producción de viño da D.O. Rías Baixas, controlando a impresionante, para a nosa realidade, cifra de 440 hectáreas, e que ven sendo a maior empresa exportadora deste sector e unha marca dabondo coñecida para todos os consumidores en case que […]

Amandi

O camiño de ferro acompaña as augas escuras, apagadas, ás que a vida  failles dar reviravoltas nestes tramos cercados polas húmidas ladeiras Antes da oficial, organizada polo consello regulador da denominación de orixe, celébranse catro feiras do viño nas diferentes vilas e parroquias da Ribeira Sacra. A primeira foi a de Chantada, logo veu a de […]