o viticologo dos bagos o viticologo dos bagos
Search
Amandi

O camiño de ferro acompaña as augas escuras, apagadas, ás que a vida  failles dar reviravoltas nestes tramos cercados polas húmidas ladeiras

Antes da oficial, organizada polo consello regulador da denominación de orixe, celébranse catro feiras do viño nas diferentes vilas e parroquias da Ribeira Sacra. A primeira foi a de Chantada, logo veu a de Amandi organizada polo concello de Sober, a de Quiroga este fin de semana pasado e nas primeiras semanas de maio será a de Vilachá (Pobra do Brollón).

Tiven a ocasión de asistir por segundo ano consecutivo á Feira de Amandi e por segundo ano tamén o Viña Regueiral estivo no trío de viños premiados, nesta edición acompañando ao Marcelino I e ao Val da Lenda, razón máis que suficiente para traelo a estas liñas, outra razón poderia ser que o coñezo desde hai varias anadas e nunca antes tiña falado del, pero a máis importante é a sua esencia, para amantes da beleza natural, clara e transparente, sen adornos superfluos. Este ano encheron 5665 botellas co zume fermentado dos bagos de mencia do seu pequeno viñedo, elaborados na adega familiar de Barantes de Riba (Sober) por Xosé Rodríguez Prieto

A primavera que por fin nos achega o Regueiral na copa coa cor granate enchida de froita limpa, nítida, relucente, vermella, secundada por un fondo herbáceo coa flor e as especias agochadas detrás deste brillo frutal. Despois de ulir os seus aromas e de sentir o seu paso pola boca coma unha suave acaricia refrescante, a flor se descubre e as especias se levantan.

Acabo de xantar unha cunca do caldo do cocido deste domingo, que fora acompañado polo Viña Regueiral, con varias copas do Val da Lenda 09 que trouxen da feira, ademais das duas botellas de Viña Regueiral coas que Juan xentilmente me agasallou volvín co Cividade, co Dominio de Sanxiao e co Val da Lenda que hoxe mesmo fixo-me muito bem, todos eles na bolsa de agasallo que o concello de Sober nos deu aos membros do painel de cata. Tamén merquei o Estrela, viño que o ano pasado me deixara un moi bo recordo. Non ficamos para o xantar polo que marchamos sen saber os premiados, e ainda non pusen nome aos números das mostras nas miñas notas de cata.

O que iba, no Val da Lenda 09 o espacio aromático é más sutil, pero tamén máis recio, máis integrado ou máis conxuntado, máis baias silvestres e máis flor… entra con ameixa amarela, siguenlle detrás as baias silvestres e a floralidade dun campo fresco, logo as especias e deixa para o final a sensación frutal en varias tonalidades: amarela, laranxa e vermella. Boca perfecta, es decir cómoda e graciosa a pedir outro grolo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.