Archive for Maio, 2010

A Granxa

Si, no territorio coñecido coma Galicia vexetan videiras de calidade recoñecida, de castes dificilmente imitábeis noutros territorios, e é así porque as terriñas deste Pais teñen unhas características especiais que fan que so eiqui este patrimonio vitícola exprese a súa autentica personalidade. Resulta que o mundo do viño cos seus viticultores, adegueiros, e todos os […]

Corullón. vendima 2005

Corullón, vendima do 2005 Plantei a tenda de campaña nun lateral do camping El Brejeo, puiden ter elexido outra parcela, porque alí so habitaban un grupo de romaneses na outra banda deste espazo, pequeno micromundo deshabitado e aillado de todo, mas o mulido do solo e a axeitada combinación de sol e sombra terminaron por […]

Encruzado dos Roques

Densa musculatura a pasar polo medio da boca espoleada por unha vibrante acidez, retida no seu final polo punzante amargor aderezado de carballo, citrinos e froita amarela, de lonxe, esperando outro momento, sen presa, a mineralidade de seu.  Salvaxe carácter dunha besta conformada con madeira, rochas minerais na orixe dos tempos e froita fresca electrizante.  Han pasar […]

Mares verdes

A rapaza envolta em parfum toilette acaricioume a meixela abarbada, agarroume suavemente a man… atravesamos mares verdes, nubes de polen… antes de levarme ó balcón do oeste, onde se adiviña o máis alá, ensinoume travesías atlánticas de forza seis para sumerxinos com paixón, pacíficas de rebosantes friccións embalsamadas e ondulantes deslizamentos, índicas de profundas incursións húmidas e […]

Colares Chitas

Hoxe o aire non corre no pequeno viñedo cercado polo bosque atlántico, aprisionado entre os areais abaneados polo atlantismo, areas infiltradas na sua pel, entre o noso océano e o melancólico bullicio da grande Lisboa. Este recuncho onde o verde aromático, o solo granulado e a resina fresca impoñense cando o sol non é máis ca […]

Terra d´Uro

Nicolas Marco  elabora este viño en Villafranca de Duero (Valladolid)  procedente dun viñedo que despois de 140 anos segue en pe, foi quen de recuperar a viña familiar situada nun terreo aluvial a 800 m de altitude, respectada pola filoxera e cultivada sempre de xeito tradicional con arado tirado por mula, tratada so con xofre e cobre, engadindolle algún […]

JSM da JMF por DSF

Jose de Sousa Mayor da Jose Maria da Fonseca por Domingo Soares Franco. A marca rende homenaxe ó viticultor de Reguengos de Monsaraz (Alentejo) que na sua Herdade do Monte da Ribeira elaboraba un Tinto Velho coas técnicas tradicionais de vinificaçao, a milenaria tradición de fermentar en ánforas de barro. Esta Herdade é desde 1986 propiedade da adega […]

castes e terriñas

Si, chegamos a esquecer as nosas castes tradicionais, aquelas que fluían polas gorxas inundando o noso espírito de recordos acariñados polos seus aromas, evocando ás vivencias da nosa infancia e a compaña e as ensinanzas dos nosos antepasados. Esquecemos o valor das nosas terriñas, aquilo que aportaba a esencia dos seus froitos e os diferenciaba […]