JSM da JMF por DSF

Jose de Sousa Mayor da Jose Maria da Fonseca por Domingo Soares Franco.

A marca rende homenaxe ó viticultor de Reguengos de Monsaraz (Alentejo) que na sua Herdade do Monte da Ribeira elaboraba un Tinto Velho coas técnicas tradicionais de vinificaçao, a milenaria tradición de fermentar en ánforas de barro. Esta Herdade é desde 1986 propiedade da adega familiar JMF con 200 anos de historia e sede en Azeitao (Península de Setúbal), tradicionais elaboradores de moscatel de Setúbal, é a adega máis antiga productora deste tipo de viños, na sua versión clásica (100 puntos parker na última lista) e tamén de Moscatel Roxo e do cuase desaparecido Bastardinho de Azeitao, ademais de viños no Douro, no Dao e Setúbal. Domingo Soares Franco é un dos enólogos máis coñecidos de Portugal.

Neste viño agora elaborado pola JMF engadeselle o pisado a pe dos bagos en lagares do século XX previamente á fermentación en potes de barro, onde pasa unha maceración de duas semanas, máis logo doce meses en carvallo americano. Na anada do 2004 foron 3.500 garrafas coas castes: maioritariamente grand noir, menos intensa que o alicante bouschet, trincadeira (tinta amarela no Douro) e aragonez (arauxa en Monterrei e tinta roriz no Dao e no Douro) de cepas plantadas en 1950.

O Alentejo é sur, é sol, ceo azul, calor e extensions de viñedo salpicados de oliveiras, sobreiras, cultivos de cereais, porco preto e pastoreo entre vilas brancas. Pese ao carácter do seu clima, semellante a outras zonas mediterráneas ou sudistas, alguns dos seus viños, tintos claro, teñen un atractivo especial, nalguns será por este carácter tradicional, ou case milenario, noutros será polas características de castes tan ben adaptadas coma o alicante bouschet, neste tinto do grand noir, ou non sei porque pero gustanme máis que as versions novomundistas dalí mesmo.

no 2004: especias doces, pao aromático, ameixas maduras, flor, cacao, terra, matos ao sol, coiro húmido, pel curtida, tabaco, trufa, incisivo, vivo, saboroso, aromático… Este era o cóctel que resumia as pistas que atopaba no viño para imaxinar ou recordar ou evocar unha pequena historia que fixera innecesaria a triste enumeración de descriptores sustitutos de simples compostos químicos volátiles, as veces o máis doado é trasladarse coa imaxinación cara ás terras do viño entre os aromas e o gusto, outras elucubrar coas sensacións que nos produce, ou deixar que a emoción dicte a descripción do viño, muitos lectores coa emoción ou con algo paresido pensaran non no viño que os inspirou senon nos efluvios que orixinaron tal exibicionismo e saida do protocolo, ese que dá seguridade aos racionais e obxectivos catadores formais de viño, amantes do establecido, neste caso nas fichas de cata, nos regulamentos encorsetados e na sucesión implacable de soponíferas notas de cata

Os comentarios están pechados.