Terra d´Uro

Nicolas Marco  elabora este viño en Villafranca de Duero (Valladolid)  procedente dun viñedo que despois de 140 anos segue en pe, foi quen de recuperar a viña familiar situada nun terreo aluvial a 800 m de altitude, respectada pola filoxera e cultivada sempre de xeito tradicional con arado tirado por mula, tratada so con xofre e cobre, engadindolle algún preparado biodinámico e o seguimento dos ciclos lunares. Con él neste proxecto o duriense (Douro Boy) Cristiano Van Zeller.

Tinta de toro orixinal en terra pura esencia de Toro, bago a bago desgranada, pisados de maneira tradicional en pequenos recipientes de aceiro inoxidabel de 1000 l. (a baixa temperatura con xeo seco), deseguido a fermentación arranca soa cos seus propios lévedos, despois vai ás barricas para a fml, un par de trasiegos e a pasar 16-18 meses de repouso. Finalmente embotellase sen clarificar nen filtrar.

Unha historia que soa, cheira e sabe con esta naturalidade, soa sensata e respectuosa, sabe á expresión directa da terriña, cheira a si mesmo.

Foi unha oferta de 10€ no Wine O´Clock de Lisboa.

2006. Aire levemente balsámico que abre o solo rochoso, mineral que co tempo se apodera do seu carácter atemperando a densidade das froitas negras, da esteva e das demais plantas do mato que o calor desas terras intensifica, deixando o pouso terroso da altura florida e o fondo da cremosidade e do chocolate.

Encorpado de tacto aveludado a inundar o padal, dozura dos taninos a ficar na distancia, sensación salina a desfilar polo medio.

Toro que pasa a modo, elegante, envolvendo o capote pero sen cornear, deixando a sua pegada no solo e o seu cheiro Vivo,  limpo e racial ó noso redor.

Os comentarios están pechados.