Mares verdes

A rapaza envolta em parfum toilette

acaricioume a meixela abarbada,

agarroume suavemente a man…

atravesamos mares verdes, nubes de polen…

antes de levarme ó balcón do oeste,

onde se adiviña o máis alá,

ensinoume travesías atlánticas de forza seis

para sumerxinos com paixón,

pacíficas de rebosantes friccións embalsamadas

e ondulantes deslizamentos,

índicas de profundas incursións húmidas

e longas caudalías

Os comentarios están pechados.