Encruzado dos Roques

Densa musculatura a pasar polo medio da boca espoleada por unha vibrante acidez, retida no seu final polo punzante amargor aderezado de carballo, citrinos e froita amarela, de lonxe, esperando outro momento, sen presa, a mineralidade de seu. 

Salvaxe carácter dunha besta conformada con madeira, rochas minerais na orixe dos tempos e froita fresca electrizante. 

Han pasar os anos e con eles todo e todos menos este Encruzado do 2008, que os mirara pasar carregado de vida, esperando, seguramente, outros paladares.

Os solos da Quinta dos Roques, na aldea de Abrunhosa do Mata (concello de Mangualde), son de area principalmente granítica, con pequenas cantidades de xisto e arxila, 40 h. de viña divididas en doce diferentes viñedos que reciben 1.400 mm de choiva anual, a maioria no inverno, a unha altitude de 450 m. 

 

O encruzado é unha caste branca en auxe no Dao e arredores, entre outros motivos porque posúe un elevado potencial para envellecementos prolongados, os seus viños son dunha exuberancia e lonxevidade extraordinaria.

One ResponseEncruzado dos Roques to “”

  1. Boa tarde, visitei o seu blog e gostei muito… Gostaria de lhe pedir se pode colocar o link do meu blog no seu…

    http://vinhosdasemana.blogspot.com/

    Espero que coloque.
    Belo blog!

    Vinhos da Semana