Yuri Bilbatua.Baja California… México

Yuri Bilbatua trasladounos a Méjico. Non é a primeira vez que nos trae a exuberancia calórica e rochosa da Baja California: Sangre de Cortez e  Vino de Piedra xa arribaran desde o oeste pacífico ó oeste atlántico. A entrada no México vitivinícola fora, desta maneira, pola sua face máis radical, como arrancar co prato máis enchilado ou cun tiro de mezcal, unha especie de peyote vínico iniciático.

Desta vez Quesadillas, Burritos, Frijoles e Mole, maxistralmente elaborados e suculentamente ambientados na história do Méjico/México gastronómico na que Yuri nos sumerxiu, foron acompañados por viños extremosos no más.

Monte Xanic 2006. cabernet sauvignon. Valle de Guadalupe (Baja California). Levaba un cargamento transoceánico de pementos, vexetal de raça, caer de fuciños nun verde agreste. Certo tempo despois, bocado máis ou bocado menos na altura dos frijoles, destapaba un algo salino, no nariz máis que na boca.

Ojos Negros Gran Reserva 2005. cabernet sauvignon, syrah, cabernet franc y merlot, con 28 meses antes do embotellado en carballo francés e americano. vinospassion é unha empresa familiar situada en el bajo californiano valle de los ojos negros, a 38 km da costa de Ensenada e a 820 m. de altura. Clima extremoso. froita licorada, marmelada, mentolado e afumado (14,8º)

Ojos Negros 2006 syrah. 16 meses en barrica de carballo branco. Despega alcanforado e con aires de animal, vai indo frescamente frutal e aterra balsámico. Con tempo o alcanfor e o balsámico aparecen coma vips vaporoud. Vivo e alegre no seu paso.

Ensamble 2006.Valle de Guadalupe (Ensenada), cabernet sauvignon, merlot, petit syrah y barbera. Aparece máis europeo, ou balanceado, si, equilibrado. Floral, balsámico, ameixa e froitas do bosque, mineral. Na boca a rocha impregna todo o traxecto.

Do seu paso por Fredericksburg (Texas), entre Austin e San AntonIo, Yuri acercounos o texano Becker Vineyards malbec 2008: queixo, lata, formol, froita aprisionada, goloso con final acaramelado en fresa.

Grazas Yuri, e sorte no próximo proxecto… a seguinte alí.

Os comentarios están pechados.