“Cea no 211 B do Baker Street”

Xesús Fraga conseguiu co seu interesantísimo relato “Cea no 211 B do Baker Street” no MARCO do Café Voltarie, que o meu anárquico paseo visual polas baldas do video clube fora nesta ocasión a unidireccional busca dun filme que ate este momento a miña mirada pasaba de longo, o Sherlock Holmes de Guy Ritchie, asi a todo esta versión mostra a face menos gastronómica (Conan Doyle) e máis cómica do da gorra de seu, nada dos míticos pratos cos que Xesús nos levou a Baker street da man de Alfonso Botas (cociñeiro do restaurante do MARCO de Vigo), e que nos foi describindo con multitude de detalles e referencias históricas ademais de inxectarnolos no gusto e no desexo culinario.

rabitt pie with apple

 red herring cookie

 roast beef sandwich

 eton mess

kedgeere

Para acompañalos Andrea Cruseño deixou cair nos copos un La Fortune de Bouzeron, en la Cote Chalonnaise, do Domaine Aubert et Pamele de Villaine. Seductor, coa sedosidade e finura de moitos Ribeiros, co incisivo frescor de varios Rias Baixas, coa frutalidade e expresión do lar de demasidos Ribeiras Sacras, sen a seriedade e lonxitude dalgun Monterrei nen a sorpresa que garda Valdeorras. Non fai falta ser un Sherlock Holmes para descubrir as pistas que esconden os tintos deste Pais. Pero o que tiña na copa era unha pinot noir da Borgoña, a máxima expresión da sutil complexidade dunha caste nun terroir, a quintaesencia dos buscadores dun algo máis no universo do viño… o que pasa e que estes británicos e por ende o mundoviño perderan a referencia galaica, e alá eles, pero han voltar cando a descubran. Ah! e este Borgoña non estaba mal.

Subín o volume do filme para ocultar o partido da outra tv, no que se enfrontaban casacas rojas contra azuis (seica idem ca hoxe pero do revés), o mesmo tempo que coa proa olfactiva aceleraba as embestidas no proceloso e inabarcabel mar, brillando dourado como un atardecer sobre a Qubbat as-Sajra en Jerusalen, dun late harvest da alentejana Herdade do Esporao, garrafa de 50cl sen etiquetar agasallo do Sergio Pereira da que esquecin castes (semillon?) e demais datos non sensoriais. Estes datos, procesados no acontecer dos fotogramas deste Sherlock Holmes, sucedianse coma pistas a cada incursión na sua envolvente volatilidade máis claras, densas e evidentes, coma efluvios que apaciguaban o meu ánimo e disipaban as dúbidas, trasladandome entre as suas evocacions aromáticas desde o húmido Londres cara un británico oriente, cálido e exótico, no seu esplendor.

fotos de Oscar Beiro (Makeijan)

Os comentarios están pechados.