Turismo enogastronómico

Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo.

Galicia é un destino de turismo enogastronómico? Pergunta innecesaria. Cinco denominacions de orixe, tres indicacions de viño da terra, castes que non existen en ningunha outro lugar do mundo, viñedos á beira da ría, nas ladeiras dos increibeis vales do Miño, do Sil, do Arnoia, do Bibei, do Umia, etc, etc, climas e microclimas especiais entre o Atlántico e as montañas con mil rios polo medio. Viños frescos e auténticos, irreproducibles noutras zonas, que ademais son os que posuen máis futuro no mundo do viño. Materia prima, productos naturais e polo tanto gastronomía dunha calidade incontestable cun profundo nexo cos seus viños. Non existe outra oferta semellante que conxugue ese nivel gastronómico e vitivinícola.

Qué será preciso mellorar? O que todos sabemos: servicios asociados inherentes a unha oferta enogastronómica sustentabel, perdurabel e de calidade como, ademais de adegas preparadas, unha hostaleria con fundamento, e dicir sen as carencias e os defectos que actualmente padecemos referidos á evidente falta de formación e coñecementos sobre o mundo do viño, imprescindibel cando falamos de turismo ENO (viño)- gastronómico.

Cáles son as figuras máis representativas coas que conta Galicia? Desde sempre o que representa a Galicia no imaxinario da xente que nos visita é a sua paisaxe, no mundo do viño formada polos espectaculares viñedos da Ribeira Sacra, polos emparrados á beira do mar de Arousa e do Miño e pola historia do Ribeiro, tamén polas suas castes autóctonas, por algúns dos seus adegueiros e por algunhas marcas de viño, menos ou nada coñecidos son os seus enólogos. Outro icono de Galicia é a calidade e a autenticidade dos seus productos, na actualidade, e moi ligados a estes produtos, os seus cociñeiros teñense covertido nunha referencia gastronómica.

A promoción e a publicidade ten coma obxectivo atraer visitantes, pero, unha vez conseguidos, é imprescindibel ofrecerlles ademais do que xa temos de xeito natural coma é a paisaxe, a materia prima e os seus productos, un servizo e unha oferta acorde con ela, parece que os cociñeiros cumplen con creces o seu papel, sen embargo na hostaleria e no comercio o mundo do viño non ten os transmisores da sua cultura, das suas características e do seu consumo saludabel.

Por iso é imprescindibel a estas alturas, xa estamos no século XXI, formación para estos profesionais, que a maiores son o que determinan o 60% das ventas de viño, o viño galego necesita propagadores. Senon o turismo eno-gastronómico estará coxo.

O Enoturismo non se limita á visita a adegas e viñedos, implica toda a serie de servizos complementarios dos que temos falado e que o fan posibel, coma hostaleria, restauración, manifestacions culturais, entorno natural, comercio, artesanía. Servizos axeitados ás aspiracions e expectativas dos que nos visitan.

Os comentarios están pechados.