Archive for Xullo, 2010

Régoa/Cistus

Hai un par de meses que o tudense e exalumno de A Granxa Manuel Areal e o que esto escribe realizaramos unha visita a Jose María Prieto nas súas terriñas de Amandi, chovia dabondo daquela sobre un Sil que daba mágoa velo, reducido pola empresa hidroeléctrica á mínima expresión, deixando á vista os antigos bancais […]

Ribeiros, vida, cultura, viño

Os viños do Ribeiro destacan pola súa elegancia pero non hai moito no diccionario do viño eran un sinónimo de viño ausente de complexidade, falto de limpeza aromática, de gusto insulso e cor revoltosa. Moito antes o famoso “matute” enturbara, e nunca mellor dito, o recordo dos viños doutrora, esa especie de brebaxe estaba elaborado con […]

Getariako txakolina

Hai viñedos espectaculares lanzados ó mar, colgados no mar, plantados enriba do mar, navegando sobre o mar entre as ondas cantábricas e as húmidas ladeiras tumbadas cara á mesma mar da Urola Costa. Onde remata o mar comeza a viña, onde a viña frena a sua caida agardan os barcos e os arrantzaleak apuran basos […]

Catanza na viña de Xabi

Un inoportuno malestar, sen dúbida debido á recente acumulación de kms, pasando dos 38º en Iruña, ás treboadas pirenaicas, o vento fresco cantábrico de Zarautz e Getaria para rematar atravesando a estepa castellana sen aire acondicionado, golpeoume poucas horas antes da cita, asi músculos agarrotados, gorxa contraida, escalofrios… a historia pintaba mal. Tomei un gelocatil […]

Loureira e caiño branco

O Rosal, caiño branco, loureira… o Baixo Miño. Baixa o Miño azulado entre o fondo branco destas castes reverdecidas. O pai Miño que pinta asi a nosa bandeira tamén modula, desde as súas sacras ribeiras pasando logo con plenitude polo Ribeiro e xunguindo deseguido O Condado e Melgaço, o ciclo das brancas castes, acomplexadas coma nos, eu que pensaba […]

Ribeiros do Avia

Hai un par de semanas, nunha visita a varias adegas do Ribeiro desde Arnoia ate Gomariz pasando por Castrelo do Miño, falabamos con Luís Anxo Rodríguez, presidente do seu Consello regulador, dos datos que van certificando, para os que aínda non acreditan, a importancia histórica da vitivinicultura no Ribeiro ou máis ben do Ribeiro na […]

Viñoteca de Garcia

Marina Cruces ademais de ofrecer unha coidada selección de viños na sua Viñoteca de Garcia, situada fronte a Catedral de Santa Maria de Tui, tamén organiza cursos de cata (cun tal Antonio Portela) e outras historias como música en vivo, normalmente Jazz, unha vez ó mes. Este cálido xullo reclama rua, cervexa e viños do Pais, asi Marina tomou nota e argallou esta historia. Na […]

A rosa dos viños

  O rosa dos viños. Rosados: cores brillantes, relucentes e glamurosas, aromas primarios limpos e claros, na xusta intensidade, que nos reclaman outra zambullida para flotar nestas pequenas doses que non empalaban. Os rosados deixaron de ser o producto de inferior calidade das adegas para buscar viños con identidade propia desde o propio viñedo. Un rosé… […]

buscadores

atravesou a vereda desapareceu nas estelas da imaxinación … deu virado o horizonte a redondes da esfera … perdeuse nas apretadas ruas do Magred xunguiu as beiras do Bósforo primeiro mirando o sol nascer e máis logo na sua fuxida cara a terriña curtiuse entre a limpa secura tibetana e a vertixinosa frondosidade alpina nepalí […]