Archive for Agosto, 2010

virá á próxima marea á brisa que deixa o salitre na pel coma unha caricia que acompaña sempre o aire que respirar todos os dias

Agás do tempo o9

Frutal, con ganas. Xardín aromatizado pola herbas e por un enxambre branco e amarelo de flores. Unha muller, perfumada coas herbas do seu tocador, pasa polo medio saboreando un pastel de crema que nos seus beizos sabeme fresco. Enche a boca polos catro puntos cardinais, intensamente saboroso polo sur, cunha fresca acidez cara o norte e […]

Azeitona Galega

Xa está, con este azeite da alentejana Herdade do Esporao, remato (ate o próximo mes, ou por ahi) a miña particular meta análise sobre os azeites peninsulares. A Galega desta Herdade é a pinga que verque o copo das miñas dúbidas convertendoas en verdade irrefutavel (máis ou menos), a meta análise non engana: a azeitona galega é a grande […]

Soalheiro 09

Hai finura… limpo e intenso paso dos aromas polo nariz, bulbo olfactorio e demais estacións intermedias…  antes de convertir en emocionante o seu paso pola memoria o través dos recordos que pululan polo meu cerebro.  Quen teimudamente busque definilos revolvendo no vademecum dos descriptores, eses que non viaxan pola emoción dos sentidos, para estes seres “obxectivos” da cata ou […]

Ladeira de A Mata

Fernando Alvarez Fernandez, un home plural, creativo e creador, feito a si mesmo, con férrea vontade e amor pola súa terriña, co punto de mira no futuro, por exemplo hai máis de dez anos plantara un pequeno bosque de carballo americano no cumio da ladeira onde está situada A Mata, para que a sua descendencia poida, no […]

Saiñas

Suavemente agarimosos, pero máis do que me gustaria, moito máis do recordo que gardo deles, algo máis do que espero dun tinto galego da Ribeira Sacra, certo que nalguns non faltan os froitos silvestres ou as baias e a flor tímida con especias comedidas, máis… cando chega o momento esperado, despois dos preámbulos pertinentes que nos […]