Saiñas

Suavemente agarimosos, pero máis do que me gustaria, moito máis do recordo que gardo deles, algo máis do que espero dun tinto galego da Ribeira Sacra, certo que nalguns non faltan os froitos silvestres ou as baias e a flor tímida con especias comedidas, máis… cando chega o momento esperado, despois dos preámbulos pertinentes que nos activan as glándulas todas, as hormonas necesarias e a mente unidireccionalmente dirixida ó disfrute, ó goce e o deleite, ao Máis Alá que subtitula este caderno, nese intre atopo un corpo xeitosiño, certamente, redondeado polo alcoól, de liñas curvadas que me envolven pero que rematan por apagar o instinto, cando o desexo de sumerxirse, de abismarse no placer que se desboca, ese que non cabe nas formas medidas e na corrección do estabelecido aparece.

os que esto lean, entre o asombro que provoca a lectura de semellantes paranoias e a inocente incredulidade sobre o lido, eses mesmos, vostedes, seguro que son quen de citar de memoria trinta e nove ou cando menos trece marcas de Rioja, e de carrerilla, isto é sen tatexar, nembargantes seguro que non lles soarán os nomes de Estrela, MarcelinoI ou Saiñas, protagonistas encontrados desta entrada no caderno dos bagos, antes citarán con seguridade tres Jumillas, polo menos cinco Touros (de Toro) e dous cariñenas, ou etc.

Realmente o guión desta entrada, o que buscaba, era unhas cantas liñas de tiqui-taca, ou é tiki-taka?, non creo esto soa máis eúscaro, antes de concluir que para moitos viños das Ribeiras do Sil, e máis claramente de Amandi, a anada do 2009 quitoulles atractivo, non me poñen, os últimos exemplos desto foron o Estrela e o Marcelino I (ambolosdous con 13´5º), que comparados coa anada pasada semellan doutro pais ou adega, asi a todo entre os que manteñen o seu appeal está o Viña Regueiral co que pasei o dia de onte ou o Val da Lenda, e case que todos os da Ribeira do Miño e de Chantada que teño, polo tanto, gozado.

Que formas!! como me incitan co seu paso vivo, activanme en cada contacto, que maneiras!! avivando un desexo que deste xeito non se esgota.

Pois iso, acidez e frescor para que a froita sexa máis nítida e a flor máis intensa… e o placer fique no recordo.

Coma no Saiñas 09 (12´5º) de Espasante – Pantón (Ribeiras do Miño), de viñedos de mencia nas ribeiras do Cabe elaborado por Javier Fernandez Gonzalez, que me pareceu o seguinte: A rocha mai escondida baixo o manto verde (relucente) que pisamos, sobre o que domina con claridade a froita vermella e habita perdida unha flor azul, si, solitaria, entre as zarzas. A acidez que sentimos ó morder un froito nervoso, vibrante, e o tacto que acaricia pero co carácter de seu.

Exclamación!! por disfrutar en cada grolo, con cada aroma representado nos meus recordos polos espazos dun verán fresco e alegre, entre xogos campestres, tumbados mirando as estrelas rodeados de flores silvestres… despois de gozarte.

Nas tardes azuis do estio polo sendeiro irei

picoteando polo trigo, a pisar a herba húmida:

soñador, a sua frescura nos meus pes sentirei,

e deixarei que o vento bañe a miña cabeza desnuda.

Nin falarei, nin nada pensarei,

pero un ínfinito amor en min sentirei crecer

e lonxe, moi lonxe irei, igual que un bohemio,

polo campo, feliz cunha muller.

(Arthur Rimbaud)

3 ResponsesSaiñas to “”

  1. Qué poético, me encanta.
    Oye, no puedo hacerme seguidora de tu blog…para leerlo de vez en cuando. Tú si puedes hacerte seguidor en el mío, es más gráfico que escrito, pero igual te gusta, en el muestro las cosas que hago.
    Saludos, Ana.

  2. Ya está, ya te puedo seguir. Hasta pronto

  3. Eres una artista!!,
    algún dia colgaré los diseños de bago miudo que me hiciste, como ves la imagen de este cuaderno es bastante simple y aburrida.

    unha aperta
    Antonio