Ladeira de A Mata

Fernando Alvarez Fernandez, un home plural, creativo e creador, feito a si mesmo, con férrea vontade e amor pola súa terriña, co punto de mira no futuro, por exemplo hai máis de dez anos plantara un pequeno bosque de carballo americano no cumio da ladeira onde está situada A Mata, para que a sua descendencia poida, no seu momento e se é o caso, fabricar barricas. Recentemente ten montado unha pequena queixeria para sacarlle partido ás máis de trinta vaquiñas que posue

  que comparten territorio cos aproximadamente dous centos de ovelliñas, os frutais, as oliveiras, os amendoeiros, etc, etc, configurando a vida desta herdade, facenda, quinta, dominio, antigo Pazo, que funciona coma unha unidade de producción, o soño dun agricultor biodinámico, que non é o caso. Francisco cultiva e elabora coa mínima intervención, aplicando un natural sentido común. Con esta naturalidade, con respecto ó medio no que está, cunha precisión admirabel e sobre todo con moitisimo traballo ten reestructurado o viñedo deste lugar, algo máis de dez h. agrupadas nunha única peza.

a viña de A Mata mirando o sol marchar mentres o Bibei descende cara o Sil e a estrada sube a Trives

O viñedo e a adega da S.A.T. Alfer A Mata atopase no lugar do mesmo nome situado na parroquia de Cesuris do concello de Manzaneda. Este lugar asentase nunha ladeira orientada a poniente fronte os zig zags da estrada que sube desde a Ponte do Bibei ate Pobra de Trives atravesando o viñedo dese concello, máis o sur está o bastión de Cabeza de Manzaneda  sobre a adega do Dominio do Bibei, e cara ó norte un cortado dun par de centos de metros caendo sobre un Bibei que ven encaixonado desde as terras de Larouco, sobre o que ten construido varios balcóns coma miradores naturais de todo o contorno. Para chegar alí hai que atravesar a pequena aldea de Langullo e deseguido seguir unha estreita pista que remata no medio do lugar de A Mata.

mirador sobre o Bibei

Cabeza de Manzaneda asomando sobre a adega do Dominio do Bibei

Francisco elabora un viño tinto e un branco de reducida producción que ate a última anada non tiñan pasado por madeira. A insolación de poniente garantizalles unha maduracion óptima, branco e tinto rondan sempre entre os 13º e os 14´5º, pero este mesmo sol nesta altura fai que o forte carácter que esconden pase coa verticalidade dun esporón mineral, de mirada profunda, reservado nos primeiros metros pero que coa ascensión vai gañando un frescor que atravesa o seu gusto e o seu perfume.

A reconstrucción das antigas edificacións do lugar ademais de servir para recuperar os tradicionais instrumentos de cultivo e elaboración que ainda se conservaban, outras levounas o lume, deulles un espazo en forma de pequeno museo coas tradicións vitivinícolas da zona.

3 ResponsesLadeira de A Mata to “”

  1. non é Francisco é Fernando

  2. ok

  3. Muy buen vino que haces Fernando y esos quesos tambien te felicito y que sigas cosechando y fabricando tan buen vino y ricos quesos amigo mio
    uno de Mendoia esperamos que en semana santa nos veamos en la Puebla de Trives
    un fuerte abrazo