Soalheiro 09

Hai finura… limpo e intenso paso dos aromas polo nariz, bulbo olfactorio e demais estacións intermedias…  antes de convertir en emocionante o seu paso pola memoria o través dos recordos que pululan polo meu cerebro. 

Quen teimudamente busque definilos revolvendo no vademecum dos descriptores, eses que non viaxan pola emoción dos sentidos, para estes seres “obxectivos” da cata ou para os “profesionais” da mesma, dicir que si, que dunha copa de Soalheiro surden con elegancia as herbas e as froitas, a flor e a rocha, e se lle damos tempo, desde horas a anos, a complexidade fará que tiñamos que estruxarnos as neuronas ou o vademecum olfactorio.

Hai frescor e hai suavidade no tacto, enche a boca mais prega por outro grolo, entra envolvente e marcha cun fino amargor que acariña.

Si, o equilibrio existe, a ecuación que define o paso dun líquido ó través dun espazo perfectamente balanceado, desde que se achegan os primeiros aromas ou desde que mollamos a punta dos beizos aparece a certeza, o sutil anuncio, das sensacións que nos han levar á emoción.

I love Soalheiro

Son seis hectáreas propias de alvarinho cara o sol (soalheiras), e outras seis controladas, de seis toneladas de rendimento por cada unha delas, organicamente coidadas pola familia Cerdeira en Alvaredo (Melgaço), as que orixinan un espumante e tres viños brancos de alvarinho: este Soalheiro “básico”(!!), o denominado Primeiras Vinhas (das vinhas máis velhas) e o Reserva (fermentado en casco de carbalho).

Gloria a Deus no ceo e Soalheiro na terra para nos, irmaos, os que damos grazas a Deus por Portugal existir, aliviando asi a nosa identidade… e as nosas gorxas.

Os comentarios están pechados.