Azeitona Galega

Xa está, con este azeite da alentejana Herdade do Esporao, remato (ate o próximo mes, ou por ahi) a miña particular meta análise sobre os azeites peninsulares.

A Galega desta Herdade é a pinga que verque o copo das miñas dúbidas convertendoas en verdade irrefutavel (máis ou menos), a meta análise non engana: a azeitona galega é a grande oliva do Portugal e da ex Galicia olívica (?), e os seus azeites sonche dun carácter, profundidade, elegancia e bla, bla, bla, que xa quixeran arbequinas, picuales ou hojiblancas que por ahi pontifican, e a un prezo…

Nesta derradeira analítica da última meta análise acompañei o mentado azeite co Vilanova, da cooperativa de olivicultores de Valpaços, na Terra Quente transmontana, ben cerquiña de Verín, elaborado con Madural, verdeal e cobrançosa, que serviu para seguir confirmando a conclusao precedente. Mas seguiremos nesta pracenteira teima mentres sigamos vivindo na raia.

oliva galega

Os comentarios están pechados.