Agás do tempo o9

Frutal, con ganas. Xardín aromatizado pola herbas e por un enxambre branco e amarelo de flores. Unha muller, perfumada coas herbas do seu tocador, pasa polo medio saboreando un pastel de crema que nos seus beizos sabeme fresco.

Enche a boca polos catro puntos cardinais, intensamente saboroso polo sur, cunha fresca acidez cara o norte e nas suas beiras, e por poniente cun lonxicuo amargor.

Aromático e saboroso: inunda a pituitaria de moléculas evocadoras, o padal dos catro sabores cardinaes e o espirito do Ribeiro todo (do Avia).

Versión dun Ribeiro exuberante e cañeiro, con intensidade aromática e potencia gustativa.

os Herdeiros de Jesús Freijido elaboran do seu pequeno viñedo de Francelos (Ribadavia) este viño (13´5º), creo recordar que me costou 12 € na feira do Ribeiro, con treixadura, torrontés, albariño e loureira. Felicisimo Pereira, un dos herdeiros, elabora ademáis os viños de Casal de Armán, tamén no Ribeiro, e os de Ramón Losada na Ribeira Sacra.

Os comentarios están pechados.