Archive for Setembro, 2010

Barbuntin

do luminoso Rosal, descansando sobre terrazas deseñadas polo Miño, coas mareas atlánticas subindo polas suas beiras, ladeiras… Luz do sur. Frescor mariño. Suavidade envolvente do rio (Miño), xa abandonado ao océano (Atlántico). Froita vermella espoleada por especias finas sobre un fondo de flores silvestres, máis ou menos intensas, máis ou menos suaves… segundo o dia… e a marea, e […]

1º viño de xeo

Xa sabemos que os blogs contan o que lles peta e como lles da o seu entendemento, as veces con pseudopoesia e todo, tamén sabemos que as fontes que empregan son as que son, e isto serve para xeneralizar, non é que teña eu nengún interese en divagar sobre o mundoblog, se están estancados ou non, se […]

o mar Tras da viña

O mar tras da viña na areamilla durante unha lua chea de setembro, despois do sol máis agarimoso, que abraza deixandose querer, coma o corpiño de seu sobre a miña pel, co reflexo do seu mirar iluminando a escuridade, crecendo cada noite, non te valeires… volve co teu reflexo, a tua forza e enerxia. mar perfumada / mar de […]

a vendima de Todd

mini vitis Todos sabemos que a data na que se vendime, o momento concreto que arrincamos os acios de bagos enchidos dos brazos asarmentados da cepa… zas! xa esta… ou iso creiamos.. que determinaba o Todo(viño) que a seguir viña. O camiño é tortuoso e as tentacións que o facilitan ou o enderezan moitas. Para […]

Leirana b. 08

A Lanzada Xenial, fantástico, wonderful, wow yeah!!, encantanme os viños das rías máis baixas que desde o mar de seu me levan ate un xardin de flores cuberto, paseandome polo medio entre frutais, hoxe maceiras e pavieiras, eu asi deixome levar cos restos da marea nas pernas espidas, esquivando as urtigas da eira. Se o paseo aromático foi o […]

con Queixo Tetilla, Pan e Viño

Cata dos viños de Valdeorras 2010, mediados de agosto, despois de máis de 50 viños e unha agradavel cea durmo suavemente. O dia seguinte repetimos máis a modo cos viños finalistas. Fotos, despedida e arrancamos o coche camiño de O Bolo. Ali abaixo, ás beiras do Sil, o calor abafa e so desexamos perdernos entre viñas no […]

A Nosa Terra

Desaparece a versión en papel do semanario galego A Nosa Terra, o periódico máis veterano de Galicia, e como levaba escribindo sobre viños todas as semanas ininterrumpidamente desde hai catro anos, e como gardo na casa desde o número 112, o primeiro que mercará hai non sei cantos anos, ate este último 1417, e como a lingua deste pais […]

enrevesados, protocolarios…

  as catas… son inintelixibeis?  dominan os enrevesados ou os protocolarios? hai que acercar o viño ó consumidor, facerllo fácil, doado?, se asi fora, o viño, facil… coma un refresco… pero… o viño ten Unha interpretación?, será esa a que dicta o entendemento dos correctos, dos bos samaritanos sempre pensando no beneficio dos consumidores, dubidando asi da sua intelixencia e […]