o mar Tras da viña
O mar tras da viña na areamilla durante unha lua chea de setembro, despois do sol máis agarimoso, que abraza deixandose querer, coma o corpiño de seu sobre a miña pel, co reflexo do seu mirar iluminando a escuridade, crecendo cada noite, non te valeires… volve co teu reflexo, a tua forza e enerxia.
mar perfumada / mar de froita / mar doce / e asomando desde a beira do mar / a terriña / coa flor branqueada / a froita adociada / e o abrigo cremoso cedendo xentilmente, a modo, o paso / á rocha
mar equilibrada / tacto sedoso disfrazado de frescor enchendo a boca / que crece, e crece, prolongando a sua marea, marea de lua chea.
Máis en Zarate Trasdaviña 04
