Barbuntin

do luminoso Rosal, descansando sobre terrazas deseñadas polo Miño, coas mareas atlánticas subindo polas suas beiras, ladeiras…

Luz do sur. Frescor mariño. Suavidade envolvente do rio (Miño), xa abandonado ao océano (Atlántico).

Froita vermella espoleada por especias finas sobre un fondo de flores silvestres, máis ou menos intensas, máis ou menos suaves… segundo o dia… e a marea, e a lua…

Suave frescor dunha maré que sube a modo, deixando o seu leve rasto con cada onda.

Barbuntin 09 viño tinto (12º) da adega Quinta de Couselo, situada no concello de O Rosal, elaborado coas castes tintadas tradicionais destas terriñas das Rías Baixas ás beiras do Miño: caiño, brancellao, sousón. Atopeino en varios locais da zona, sobre 7 €.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.