Archive for Outubro, 2010

La Prohibición

La Prohibición 06 promulgouse pola culpa de bagos de garnacha tintureira, involucrados no 60% do acto, e de mencia, estos no 40% restante, procedentes de cepas centenarias domiciliadas en terreos pobres de Arganza, este dato sen confirmar. O ano de autos do 2006 por estas datas que andamos, gozamos, ou simplesmente passam o noso redore, co outono metendo os fuciños nos […]

Ves a Ons? XIII Xantanza blogastrónoma

Neste momento poucos lugares e case ningún menú se me ocurren para superar esta xantanza. A decimoterceira delas ademáis de seren nunha illa atlántica das rías baixas cun menú tradicional e atlántico ven acompañada da seguinte convocatoria extraida da páxina dos Blogastrónomos galegos: Queredes pasar unha xornada na Illa de Ons, degustando un menú tradicional […]

X. L. Mateo

Mateo é coma un irmán maior pero tamén o pequeno, ten o agarimo do avó e a forza da terriña, é a bonhomia da humanidade toda concentrada nunha persoa. Mateo é máis vigneron que un borgoñón e máis viticólogo que un duriense. Mateo é o que mellor comprende os bagos deste Pais. Monterrei é a mestizaxe, […]

de Rioja a Rioja e…

Pasou un ano daquel el Rioja de blog en blog, foi un pracer e sobre todo un privilexio ter compartido aquela experiencia con fenómenos do calibre de Joan (divinis), David de Jorge, Roberto (el pingue) e M. Gago pracenteiramente na Heredad Baños Bezares un dia de setembro do 2009 Para celebralo tirei a rolla do graciano que daquela trouxera elaborado pola adega familiar Heredad […]

Tintos verdes

No Atlántico, no cara o solpor que mira e toca este océano, estamos que non paramos, o próximo que virá será a cara amabel dos green wines en red. Entre os tintos dos Vinhos Verdes, maldita a hora na que este nome pasou a ser a denominación dos viños desta regiao, nome para aderezar todos […]

Luis Anxo de Arnoia

Arnoia leva o nome do rio de seu, como Ribadavia escríbese asi por iso mesmo e Castrelo é do rio que é. Mais a presencia e influencia de cada un dos rios percíbese de distintas maneiras, mentres o Miño sobrardea fachendoso o seu lento e poderoso paso pola sua ribeira, omnipresente presencia desde calquera das […]