Luis Anxo de Arnoia

Arnoia leva o nome do rio de seu, como Ribadavia escribese asi por iso mesmo e Castrelo é do rio que é. Mais a presencia e influencia de cada un dos rios percíbese de distintas maneiras, mentres o Miño sobrardea fachendoso o seu lento e poderoso paso pola sua ribeira, omnipresente presencia desde calquera costeira, no val do Avia as distintas vilas e lugares saben do seu silencioso baixar cara ó Miño sen alardes, firme pero recatado. O Arnoia pola sua banda está, existe, pero hai que buscalo, viaxa como escondidiño polo val das mil terriñas, pequeno espacio de viñas agochadas entre as suaves ladeiras, os árbores e o escondidiño, o territorio das infinitas parceliñas entre os fogares, a vexetación e as costeiras graníticas.

Arnoia perviviu coma un reino perdido, case invisibel ou polo menos máis insensibel ás diferentes ondanadas que asolaron polas outras ribeiras do Ribeiro. Desta maneira, ademais das castes maiúsculas e en Maiúsculas, baluartes da vivivinicultura galega, todas reunidas neste epicentro galego do viño: Albariño desde o atlántico e máis alá, a Treixadura miñota extendida polo sur e cara o leste, o Godello desde o albor e a Loureira do SO, xunto ás tintas troncais Caiño e Brancellao, auténticas adn do vermello galego e o Sousón, que no Ribeiro se expresa máis nítidamente que en calquera outra zona da Gallaecia. Arnoia preservou a maiores os seus rasgos identitarios co Ferrón tintado e a branca Lado, onde se expresan coma Deus manda.

Os viños que elaboran os poucos colleitiros de Arnoia teñen unha personalidade propia, diferenciada no pequeno universo do Ribeiro, comparen senón cos ollos pechos e os sentidos abertos e libertos as sensacións que regalan os viños das distintas nacións desta rexión histórica: os do Avia, os do Miño e os de Arnoia, só non ve quen non quere mirar (ejem).

Alí abaixo, en Arnoia, sentiremos máis delgadez ou verticalidade, un chisco máis de nervo e menos seda, sempre elegantes, cun frescor que debuxa con máis nitidez o mundo do primario.

Luis Anxo foi o primeiro enólogo, viticultor, adegueiro que eu coñecin, hai xa catorce anos, o meu primeiro mestre dos bagos e do viño, as suas as primeiras e case únicas viñas que traballei, recordos que fican máis profundo que a memoria.

Máis en Luis Anxo de Arnoia

Luis Anxo Arnoia

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 ResponsesLuis Anxo de Arnoia to “”

  1. Mariano Says:

    Fermosas imaxes.

    Non me canso de dicir que, para min, A torna dos Pasás Escolma 2002 foi o mellor tinto galego e de toda España que probei ata hoxe.

  2. viticologo Says:

    Buf! se o dixera eu igual soaba parcial pero dito por ti é para tomalo como palabras maiores.