Archive for Novembro, 2010

Viños Naturais

A balanza do viño está desequilibrada, tocou chan profundizando a maiores dunha banda, por iso teimamos co noso ínfimo bago miudo, insignificante graiciño de area, levala cara o lado Natural que nos emociona. Por iso defenderemos os viños máis naturais, para potenciar o non intervencionismo, e aos viños de por aquí, sobre todo os tintos, ou de Portugal, non […]

Terriña ou Barbarie

A barbarie que leva á morte do viño coma conexión coa terra. Á morte das sensacións que nos devolven á terriña. A barbarie foi na Borgoña do 1985 e na Galicia… Non hai moito que se lle dera a benzón final ás nosas castes, con máis contundencia se cabe ás tintas: caiños e brancellaos tiñan a sentenza de morte […]

M.A.

Oteamos o horizonte sempre cara o solpor, de costas á meseta Matinamos na travesia que nos ha levar Máis Alá Sentimos o apego ó noso que nos da confianza para chegar onde sexa Somos quen

Vintage do Infantado

Cor que rezuma. Mato balsámico despois do fragor soalleiro e solariego, froita insistente acentuada pola xenerosa procedencia de seu. A flor insinua-se entre as herbas de aromas. Atravesa a boca cun gusto que da folgos ó espirito e ánimo á vida Joao Roseira. Gontelho, Covas de Douro (Sabrosa) P.S. Esclarecedor artigo de Rui Falcao sobre […]

Cuvée Lehengoa 06

Na baixa Navarra (Nafarroa Behera), polas faldras norteñas do Pirineo que vai cair ó Golfo de Biskaia existe un viñedo, con non máis alá de duascentas vinte hectáreas, apelidado Iroulegy. O Domaine Etxegaraya (Baigorri) posue nesta AOC sete h. aterrazadas nas ladeiras pirenaico atlánticas. O Cuveée Lehengoa está elaborado con tannat franco de pé dunha viña prefiloxérica, […]