Cuvée Lehengoa 06

Na baixa Navarra (Nafarroa Behera), polas faldras norteñas do Pirineo que vai cair ó Golfo de Biskaia existe un viñedo, con non máis alá de duascentas vinte hectáreas, apelidado Iroulegy. O Domaine Etxegaraya (Baigorri) posue nesta AOC sete h. aterrazadas nas ladeiras pirenaico atlánticas.

O Cuveée Lehengoa está elaborado con tannat franco de pé dunha viña prefiloxérica, e un algo de cabernet sauvignon metendo os seus cascos por ahí.

Recolección floral nun paseo peregrino por este Basque country. Ramo de flores azuis, amarelas e silvestres adornadas de follas vexetais e froitas de pel crocante sobre pedras… azuis, e olivas.

Incisivo e punzante, limpa nitidez, tánico sen esaxerar ou… que carácter, que raza!, así Querote, auténtico.

Os comentarios están pechados.