Viños Naturais

A balanza do viño está desequilibrada, tocou chan profundizando a maiores dunha banda, por iso teimamos co noso ínfimo bago miudo, insignificante graiciño de area, levala cara o lado Natural que nos emociona. Por iso defenderemos os viños máis naturais, para potenciar o non intervencionismo, e aos viños de por aquí, sobre todo os tintos, ou de Portugal, non nos importa que pensen que so miramos o campanario da nosa vila. A ventaxe que nos levan é tal que se non os propagamos nos… podemos esperar sentados.

Reunidos a semana pasada en Casa Samaniego de Vigo con Mónica, a sua propietaria, Marina da Viñoteca de Garcia de Tui, Julian da adega Canonigo Areal de Tui, Xurxo da adega Albamar de Cambados e Pedro Villamarin do restaurante Pazo Mendoza de Baiona e da adega Pazo Casanova do Ribeiro ante viños autodenominados “auténticos”, todos eles membros da asociación de productores de viños naturais (PVN).

Probamos, degustamos, catamos e bebimos un feixe deles, os que a seguir van son os que por un ou por outro motivo ficaron reseñados no papel escrito que teño diante e fotografados asi polo celular.

Da bodega Barranco Oscuro de Manuel Valenzuela, que esta situada na Sierra de la Contraviesa da Alpujarra granadina entre a Sierra Nevada e o mar Mediterráneo, con viñedos que chegan por enriba dos 1.300 m. de solos pobres e pizarrosos o Borgoñon Granate 05, é un viño tinto elaborado coma todos os viños desta adega e destos productores de xeito natural sen lévedos externos, nen sulfitos, nen outro producto alleo ó bago de uva, con pinot noir que ten pasado 24 meses en barricas de carballo francés.

Gustounos a todos pola sua vivacidade e ledicia, enchendo a boca con corpo vivo e fresca acidez, sen recordos da sua longa estadia co carballo. Primario nos aromas evolucionando con elegancia cara ós tes e o tabaco.

Les Paradetes 06. Viño elaborado por Joan Ramon Escoda en Prenafeta (Tarragona) pertencente a d.o. Conca de Barberá. Procedente dun cultivo biodinámico con laboreo manual e elaboración totalmente natural coas variedades sumoll, garnacha e samsó. Anque ese dia presentouse liviano de máis e fuxidizo, e ainda que os meus amigos non tuveran palabras de agarimo cara el, a min gustoume apreciar detrás da sua presencia case ausente, entre leves trazos, o carácter que anuncian a samsó e o sumoll. 

Rubaiyat 06 é un viño da adega Barranco Oscuro elaborado con syrah que pasou 16 meses de repouso no carballo francés. Balsámico polos catro costados con eucalipto, pao de regaliz e mineralidade breosa… o tempo disipa o ambiente. O seu paso de boca pide freo… sooo!!! caballo silver arwey!! entrada arrolladora cos aires de seu.

Lo Terme de Guiu 09 de Laureano Serres en Pinell de Brai (Tarragona). Laureano, que é o promotor desta asociación de productores naturais, elabora do seu pequeno viñedo na zona de Terra Alta este carinyena que me conecta coa caiño da outra banda do mapa. Cor brillante e, despois dunha noite apagada, a frescura incisiva da luminosidade mediterránea rodeada de froita fresca e finas especias. Antes apareceu cun morado profundo e un gusto que che devolve o frescor vivo, despertando desa noite cun dia de chuva sobre o solo empedrado, manantial de froita suave coa ameixa fresca que hidrata a boca.

4 ResponsesViños Naturais to “”

  1. Lembro as palabras de Alfredo Maestro, outro produtor natural de Peñafiel (Viña Almate) cando recibía a visita do control de Sanidade, e lle preguntaban:

    – E, se non utiliza produtos enolóxicos, ¿cómo fai o viño?
    – ¿Con uva?, respostou Alfredo

    Se tes acceso ao Almate, os Patio de Samuel Cano, ou ao Vinyas Arrancades de L.Serres (dese xa non hai máis), non os deixes escapar.

    Aperta

  2. Os de Samuel Cano pensamos que chegarian co resto de viños que bebimos, pero non foi asi.
    En San Sebastian Gastronomika temén pensamos que iria coa asociación de sumilleres da sua provincia, da que é presidente, pero tampouco foi asi.

    Unha aperta

  3. NOn sei se ainda lerás isto ou xa non, bon, por si acaso.
    Por viños naturais refíreste aos que non lles votan nada que non sexa a uva, non?

    estes viños que nomeas aquí non levan clarificante de ningún tipo?

    eu son alérxica e non tomo viño polos clarificantes, non podo nen albúmina, nen caseina. Xa sei que os fabricantes din que non lles quedan restos pero non é certo, xa tiven que ir a urxencias algúnha vez e foi polo viño, seguro. Asi que agora non o probo e dame noxo porque é algo que me gusta tomar de vez en cando.
    saudos

  4. Hola mj, los vinos que se mencionan de Barranco Oscuro, Escoda, Laureano Serres… son todos vinos naturales sin ningún aditivo NADA de NADA. Ni sulfitos ni ningún clarificante, ni levaduras, ni encimas, etc…. sólo uva. Es una filosofía de trabajo y también de vida. Yo me dedico a la venta de estos vinos y si necesitas que te mande los análisis me lo dices.
    saludos,