Archive for Decembro, 2010

A Rapariga da Quinta

Co pensamento e o desexo achégome á túa vila, búscote entre as viñas, e logo de mirar teu traballar acaríciote o cabelo coa brisa que agochada no bosque atravesa o teu lar, sen medo desabrocho os botóns, levanto as saias …e ti, namentras, soñando entre azul e verde entre caiño e sousón Sei que cando […]

Arquitectura da viña

A prantación dun viñedo non é unha obra de enxeñeria agronómica, ou é, mais tamén é un acto cultural no que a creatividade do home pode atopar a sua máxima expresión mediante a conxunción da xeografía e do solo e a sua interacción coa vida-dinámica, tendo o cosmos coma teito e referencia. Arquitectura que se reflexa […]

Malvasía Volcánica

Salitre na pel de teu entre as rochas escondendome o froito que gardas. Salinidade suavizada pola luz e dulcificada polo sol tacto sinuoso e cálido da tua pel para o meu gusto para saborear a luz e o mar nas rochas redondeadas polo teu corpo   La Geria. Lanzarote. Archipiélago Canario. Atlántico Malvasia seco 2009 Bodega Los […]

“Baga Friends”

Son oito os amigos da baga, cada un deles representando diferentes terroirs e estilos desta caste na Bairrada, que unen forzas para promover a Baga e recuperar a herdanza antiga de viñedos que se estaban a perder. Son Mario Sergio (Quinta das Bageiras), Luis Pato, o Palacio de Bussaco, Sidonio de Sousa, Kompassus, François Chasan, Filipa […]

xeografias sensoriais en a nosa terra.org

Despois duns cantos anos colaborando co semanario A Nosa Terra nas suas seccións A Viñoteca e Mundoviño, iniciamos esta fin de semana unha nova etapa pero agora no A Nosa Terra Diario. E arrancamos co mesmo escrito co que zarpaba, despegaba, para navegar e voar, un mes coma este de hai tres anos, “o viticologo dos bagos”, 305 entradas […]

Memoria de Ventura

Transmite escuridade aromática con froita negra entre penedos rochosos, iluminada por un mato verde balsámico. A luz trae unha flor e o vermello dos froitos… pero lonxe. Pasa deixando o rasto do seu corpo, mais sen a pesada sensación dos “bruscos”  encontros, senón co gusto saboroso que se deixa querer, coma o teu corpo suave e quentiño na miña […]