Memoria de Ventura

Transmite escuridade aromática con froita negra entre penedos rochosos, iluminada por un mato verde balsámico. A luz trae unha flor e o vermello dos froitos… pero lonxe.

Pasa deixando o rasto do seu corpo, mais sen a pesada sensación dos “bruscos”  encontros, senón co gusto saboroso que se deixa querer, coma o teu corpo suave e quentiño na miña pel.

24 horas despois os seus 15% de volumen  pasan sedosos e avermellados aromaticamente, coma o teu corpiño xa pulido polo meu despois dunha noite

Memoria de Ventura  elaborado pola Adega da Pinguela en O Carballal (Petin de Valdeorras) coa asesoria enolóxica de Dona Branca, que ademais supervisan a un feixe de adegas no oriente ourensán e na Ribeira Sacra (Ladeira da Mata, Sampayolo, Alan de Val, Finca Míllara, etc).

Os viños desta adega xa foran dos que máis me gustaran o pasado verán na feira e na cata de Valdeorras.  Non levan o paso musculado, buscan máis cadencia e menos pegada, cunha mencia limpa e frutal, un brancellao elegante e esta garnacha tintureira da maneira antes descrita. Este tridente de castes tende a repetirse monovarietelmente en varias adegas, o tempo traerá ademais o sousón e o caiño. Se coa tintoreira  arrancara a adega A Coroa e co brancellao Alan de Val agora a maiores outras adegas van afinando o camiño.

O relevo vermello na carreira dos tintados de Valdeorras necesita corredores coma os da Pinguela que tiren para recuperar a ventaxe  máis ou menos longa que outros lles sacan.

2 ResponsesMemoria de Ventura to “”

  1. […] un viño elaborado pola Adega da Pinguela no Carballal (Petín de Valdeorras). Como comentaba neste caderno hai uns meses os tintados desta adega foran dos que máis me gustaran o pasado verán na feira e […]

  2. […] un brancellao elegante e, coa cara máis potente da adega, unha tintoreira garnacha denominada Memoria de Ventura, buscando todos eles máis cadencia e menos pegada, ou iso me parece a min, elabora este Castes […]