“Baga Friends”

Son oito os amigos da baga, cada un deles representando diferentes terroirs e estilos desta caste na Bairrada, que unen forzas para promover a Baga e recuperar a herdanza antiga de viñedos que se estaban a perder. Son Mario Sergio (Quinta das Bageiras), Luis Pato, o Palacio de Bussaco, Sidonio de Sousa, Kompassus, François Chasan, Filipa Pato e o mediático e productor de viños en varias zonas do mundo Dirk Niepoort

Que significa a formación deste amigabel grupo?  pois que no futuro se escoitará falar máis e con maior peso ou con menor desapego da baga e polo tanto da Bairrada, non sei se co volume e alcance que no seu tempo significou a aparición dos “Douro Boys”, pero deseguro que vai sopoñer un renascimento dun dos viños que máis expresan a terriña e o carácter dun terroir.

Nós comezos desta década que xa remata os viños “auténticos” de Baga eran xa unha raridade, porque na década anterior a explosión vitícola do Alentejo e mais do Douro fixera menguar considerabelmente as vendas dos viños bairradinos, antes incluso do boom destas zonas tiñase pervertido dalgunha maneira polas novas tendencias enolóxicas a pureza do gusto tradicional ou “Clássico” do que significaba un vinho de baga: un gusto profundo, taninoso e áspero ou ácido na sua mocidade, pero que o paso dos anos, incluso as décadas, os convertía en grandes vinhos, complexos e intensos. A elaboración clásica da fermentación en lagar con o engaço e o posterior envellecemento en toneis fora ficando coma un ritual do pasado.

                            

Os “Baga Friends” han supor un novo pulo para esta histórica denominaçao.

Os comentarios están pechados.