A Rapariga da Quinta

Co pensamento e o desexo

achégome á túa vila,

búscote entre as viñas,

e logo de mirar teu traballar

acaríciote o cabelo coa brisa

que agochada no bosque atravesa o teu lar,

sen medo desabrocho os botóns,

levanto as saias

…e ti, namentras, soñando

entre azul e verde

entre caiño e sousón

Sei que cando camiñas descalza polo regato

sabes do meu mirar tralo loureiro

foto de vinography

2 ResponsesA Rapariga da Quinta to “”

  1. Precioso poema.

  2. moitas gracias