Archive for Xaneiro, 2011

tinta femia

Cela (Bueu) O Morrazo Traslada a súa briosa figura con prisa, limpo, nada ensucia nen contamina a súa esencia, nada a enturbiar o paso do seu grácil corpiño… coma un manancial do Morrazo que fresquiño, vibrante e  acelerado baixa ate a ría. Leva un aire de antano, de xogos lixeiros na eira, entre frutiños silvestres […]

Illas de xisto

Solos de xisto en Apotheke, un dos viñedos da vila de Trittenheimer ás beiras do Mosela no Palatinado, con bagos de riesling que Grans Fassian transforma en varios tipos de viños. Pitu Roca rematou a sua exposición, maxistral como todo o que toca, escribe ou di, na San Sebastian Gastronómika cun dos viños de Grans Fasssian orixinados en Apotheke. Non […]

Val da Lenda

Coñecen a vertente “rabuda”das beiras do Sil? (a dos “leitóns” é a ourensán) Se así é os aromas do Val da Lenda traeralles os recordos vividos entre as súas terrazas rochosas abancaladas. No caso contrario pechen os ollos despois de ulir os seus aromas, e imaxínense nun dos seus espectaculares miradoiros deixándose levar polo vértigo […]

30 copelos

O viñedo do viticultor Xose Meréns atópase no medio do microcosmos arnoián, fracturado coma un puzzle en máis dun cento de parceliñas que suman unhas tres hectáreas entre ladeiras, pendentes, socalcos, bosques e vales. viña de Xosé Merens 30 copelos, o nome do seu único viño tinto, ven sendo, dentro da gran cantidade de denominacións que para as […]

¡Sí á Poesía do Viño!

Cada certo tempo recibimos miradas inquisitoriais así como opinións contrariadas sobre as descripcións dos viños, e non precisamente sobre os aburridos imitadores das narices electrónicas. Existen catadores escribidores (incluso con asociacións de “escritores” do viño e todo) cos que teoricamente o consumidor (ese ente) síntese máis seguro. Pero hai outro mundo ahí fora. Se queren repasen: enrevesados / aromas / emoción e […]

tintos galegos do 2010

31 de decembro do 010, sete da tarde, diante dunha camisa de fondo azul baixo cadros verdes e grises que estou deixando en condicións de ser colgada na percha de meu, para acudir á cita anual no café Van Gogh cos amigos que crecimos e nos xunguimos entre montañas, matino nos tintos de nos que este ano gocei. […]