Illas de xisto

Solos de xisto en Apotheke, un dos viñedos da vila de Trittenheimer ás beiras do Mosela no Palatinado, con bagos de riesling que Grans Fassian transforma en varios tipos de viños.

Pitu Roca rematou a sua exposición, maxistral como todo o que toca, escribe ou di, na San Sebastian Gastronómika cun dos viños de Grans Fasssian orixinados en Apotheke. Non me acordo, ceo que tampouco o citou, do tipo de viño nen da anada.

O importante nesta ocasión era resaltar o fio directo do riesling coa terriña de seu. E ahí estaba, a esencia dese solo destilado nun culler, con toda a sua intensidade, logo mesturado, cosido por un fio de ouro entre as múltiples sensacións que desde unha copa definen aos grandes viños do Mosela. Ademais de ledicia, frescor e delicadeza, deixando unha prácida sensación na boca.

Solos de xisto, un altre scisti, recorren unha parte considerabel do Douro vitivinícola. Bago de Touriga, co bo facer de Luis Soares Duarte e a xenialidade de raigames durienses ben profundas do Joao Roseira, surfean con elegancia e as mellores maneiras colleitando bagos de mil castes, máis ou menos antigas, entre socalcos, patamares e vinhas ó alto, entre curvas e reviravoltas, vertentes e vales desde o Douro superior ate o Cima Corgo, todos surcados pola veta xistosa que atravesa a alma dos seus vinhos.

foto de pingas no copo

o Gouvyas vai floral perfumando a sua esencia xistosa, vai entre esteva con cacao e fruita negra. O Gouvyas vai vivo, saboroso e longo. Vai o Gouvyas coas vinhas velhas da tinta roriz, touriga franca, bastardo, sousao, rufete, tinta amarela, tinta carvalha e touriga nacional. Pasou o Gouvyas por nos e… por nos voltará, Sempre.

Os comentarios están pechados.