tinta femia

Cela (Bueu) O Morrazo

Traslada a súa briosa figura con prisa, limpo, nada ensucia nen contamina a súa esencia, nada a enturbiar o paso do seu grácil corpiño… coma un manancial do Morrazo que fresquiño, vibrante e  acelerado baixa ate a ría.

Leva un aire de antano, de xogos lixeiros na eira, entre frutiños silvestres que morden na boca e herbas para chupar de sabores cítricos.

No Morrazo hai un paraiso de finas areas brancas en praiñas soleadas, luminosas postas de sol entre illas cercanas co horizonte de noso a marcar a travesía. Neste borde vibrante e pracenteiro da Galiza aprendimos a soñar e acumulamos a enerxía necesaria para ir Máis Alá… sempre.

A tinta femia será a orixe da brebaxe que nos inspire e nos traslade cando os medradores retrasen o avance de Nos.

3 Responsestinta femia to “”

  1. pollito bien

    Feliz ti que aprendiche a soñar…ollando esas fotos non me extraña que o poeta desa terra bernardino graña escribira aquilo, “…aló na chaira seca e por absurdas rúas, onde ninguén me soubo dar mornura”…mas dunha vez veñenme esas palabras a miña cabeza, non sei porque

  2. Anónimo

    e que se non o sentimos asi… so nos queda o aspecto mercantil e comercial do asunto, ou o dos medradores do viño que so o empregan para encher o seu ego.
    e que desde a chaira non podes ver o mar de Cangas.

    “Pero rompe, que podes, contra o medo,
    dalle avante con forza, anque che doa,
    contra noites e néboas, pon a proa,
    mariñeiro de Cangas, e ven cedo.”

  3. Antonio

    o anónimo son eu