Archive for Febreiro, 2011

Régoa Iria

Vai fino, cunha limpa acidez entre un corpo a pulirse. Casamento que asegura ou anuncia longa vida. Ainda asi xa é (será) o Régoa máis elegante, e feminino, tamén, ou por iso, o máis doado de beber para os espiritos sensibeis que buscan a excitante caricia dunha muller, un vieiro de sensacións que nos han levar […]

alentejano

Un día luminoso, un día de finais de outono co calor atenuado a terra exhalaba as calorías acumuladas durante o verán alentejano. O paseo a cabalo un día luminoso do outono alentejano co calor atenuado rematou. O sol deixou a terra quentiña e o ceo avermellado, e o frescor co asomar das estrelas. O cabalo bebe […]

Tostado do Ribeiro

Dentro do universo vitivinícola, os viños doces sempre tiveron unha auréola especial polas súas senlleiras características, desde as máis evidentes, como son as que apreciamos na súa degustación, até as súas peculiares condicións de vendima e de elaboración. Tamén teñen asociada unha historia particular que se resume no famoso dito, aplicado en concreto a un […]

“A menina do mar”

“Hoje trago-te uma coisa da terra que é bonita é tem lá dentro alegria. Chama-se vinho. Quem bebe fica cheio de alegria. (…)” E muito encarnado e muito perfumado –disse ela- conta-me o que é o vinho. (…) Esta é a historia do vinho, mas o seu sabor nao o sei contar. Bebe se queres […]