Archive for Marzo, 2011

Posted in poema on Marzo 31st, 2011

Flor, teu corpo,

aroma que esconde

bálsamos e perfumes disfrazados de redondes,

derríteme cubríndome floral! ! Riad Jamil

vapores do teu aire,

especias e mel ou cecais sotobosque,

resbalo sen fin na tua pel

co suor que …

Chuzame! A Facebook A Twitter

Godellos

Posted in viños on Marzo 26th, 2011

Estamos afeitos ao godello (co tempo godellos) de Valdeorras, recoñecemos o seu aire e distinguimos no recordo os seus sinais de identidade. O mesmo godello nas Ribeiras Sacras, onde semella que empeza a necesitar doutras das nosas castes coma compañeiras de viaxe, para, máis adiante, Miño abaixo, ocupar ela o lugar de acompañante doutras castes protagonistas, dicia que naquelas ribeiras sacras é máis esquivo, adoita unha personalidade sorprendente ou inesperada… pero o tempo traerá máis pistas, de momento bebamos godello!!

Pombeiro

Godello en Pombeiro (Pantón). O Alma larga 09 da adega Pena das Donas pasa envolvendo o padal con tacto untuoso, suavemente, e vaise sen dicir adeus, con atractivos aromas de especias brancas punzantes sobre froita escarchada, flores secas e cabelo de anxo.

Vilamartín

Godello en Portela (Vilamartín de Valdeorras). O Valdesil 09 leva un aroma compacto do amarelo frutal e o suave cremoso, con desprendimentos cítricos e florais entre un mato herbáceo seco. Pasa cun gusto compacto, a discurrir a modo, denso, con adornos ácidos e amargosos que alongan o seu paso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Memoria de Ventura godello

Posted in viños on Marzo 19th, 2011

O Memoria de Ventura Godello 09 é un viño elaborado pola Adega da Pinguela no Carballal (Petín de Valdeorras). Como comentaba neste caderno hai uns meses os tintados desta adega foran dos que máis me gustaran o pasado verán na feira e na cata de Valdeorras, porque son: tintos que non levan un paso musculado, buscando máis cadencia e menos pegada: cunha mencía limpa e frutal, un brancellao elegante e unha garnacha tintureira que é a face máis potente da adega. Se os tintos salientan o lado máis equilibrado, o Memoria de Ventura branco (godello) resalta a chispa, apareciendo asi un godello brioso e non apagado, de paso alegre e non maduro.

Petín

Con intensidade frutal amarela brillante, felizmente acompañada das herbas aromáticas dominadas polo fiúncho, todo nun campo lozano perfumado do seu cheiro alegre e floral co punto mineral da terriña. Gusto con brio e, coma o cheiro que leva, alegre, tamén saboroso, pasando cunha sensación agridoce aderezada de cítrico frescor e punto amargoso final, deixando un postgusto longo e convidativo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Premios Magnum do Viño galego

Posted in viñodinámica on Marzo 10th, 2011

Acercase unha nova edición da noite galega adicada por enteiro ó mundo do viño, a segunda despois do éxito acadado na primeira, que organiza o Instituto Galego do Viño e a Compañía de Viños María Fechoría & Asociados . Alí estaremos apoiando e gozando do viño.

A nota informativa dos organizadores di o seguinte:

Na gala daranse cita un ano máis os profesionais do sector máis recoñecidos, incluíndo viticultores, enólogos, sumilleres, periodistas e bloggers especializados, para recoñecer os traballos máis destacados deste ano.

 As categorías dos premios que se entregarán son as seguintes:
- Mellor divulgación do viño galego
- Mellor tratamento de viños na sala/ bar de viños
- Mellor viño do ano
- Mellor bodega (como colección de viños)
- Premio Honorífico: Vinolvidable

 A decisión final será adoptada mediante votación secreta por un xurado formado por profesionais do sector. Os resultados daranse a coñecer na gala, que terá lugar o vindeiro 16 de marzo nunha cea no marco incomparable do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe.

 A edición pasada estivo presidida polo Conselleiro de Cultura e contou coa presencia do Presidente da Deputación de Pontevedra, a Directora Xeral de Tursimo, o Director Xeral do Medio Rural ademáis de presidentes e técnicos de tódolos consellos reguladores das denominacións de orixe de Galicia e periodistas especializados coma José Peñín, editor e director da prestixiosa Guía Peñín, entre outros.

 Naquela edición os galardonados foron os seguintes: Guillermo Campos, editor e Director da revista HGT como mellor divulgación do viño galego, Restaurante Casa Solla como mellor tratamento de viños na sala, Merenzado de Algueira 07 como mellor viño do ano, Quinta da Muradella como mellor bodega do ano e Alfredo Álvarez co premio honorífico, Vinolvidable.

 Trátase, esta noite, dunha ocasión ideal para favorecer o encontro entre os profesionais do sector en Galicia co obxectivo de compartir novos proxectos, crear sinerxias e situar as opcións e expectativas do sector ó mesmo nivel que os máis punteiros de Europa. Sempre, iso si, dende a óptica das nosas necesidades e con enfoques propiamente Galegos.

 A gala servirá tamén para a presentación do portal web mariafechoria.com. Unha nova ferramenta para a formación vitivinícola e a comercialización de viños en Internet dende una perspectiva galega, un espacio chamado a aglutinar ós mellores viños galegos e facilitar o acceso ós grandes viños do mundo ata agora reservados para as cartas dos exclusivos restaurantes con estrela Michelín.

O grande encontro dos namorados do viño galego!

Chuzame! A Facebook A Twitter

a dozura vertical

Posted in poema on Marzo 9th, 2011

Cando a finais de xullo

as néboas esconden o bochorno,

despois de días á tua sombra e nos teus adentros,

viaxei un tempo coa touriga no padal

e certos matices da tinta fémea no postgusto…

mais prometín non mollar a língua

na suave melosidade do moscatel galego

ate que as fervenzas xearan na cara norte das Trevincas.

Cos teus beizos todos xa tiña dabondo

para cubrir as tonalidades da dozura…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Douro. Portos.

Posted in viñodinámica on Marzo 5th, 2011

Sumerximonos e navegamos entre aromas e cores, aromas dunha profundidade e longura perceptivel como unha espiral de sensacións en continua evolución, pulsión multiplicada en cada contacto, momentos de inmersión agarimosa, envolvente, seda que tapiza o padal tecida nos balcóns dos que asoman as quintas, por detrás de cada esporón escalado en bancais cara ó ceo, santuarios de culto ás viñas antigas e tradicionais, aos sousaos e bastardos que abriron o camiño, á santidade das tourigas e tintas de diferentes apelidos que o Douro cos seus Côa, Tua, Torto, Pinhao modela.

Cando falamos de Vintage mentamos e saboreamos a excelencia, a potencia aterciopelada dunha xuventude atemperada polo alcohol, a dozura e a evolución da froita, o mato de herbas aromáticas, as especias, o xisto, o cacao e o fondo subtil dos tostados da madeira; na boca a sensación é de plenitude… coma mastigar a elegancia.

Força – xuventude – lonxevidade, a ecuación dun vintage en tres palabras.

Nos Tawny dominan as notas de oxidación que a longa estancia nos cascos de madeira proporciona, os fruitos secos torrados, as flores secas, os vernices, o caramelo, o café ou os tonos iodados. A longa vida destes viños na madeira ten virado a cor  do rubí cara os tonos aloirados vermellos, que no caso de mostrar reflexos reverdeados estariannos a dicir que a media dos viños que o compoñen supera os 30 anos. Na boca son densos, voluminosos, dunha potencia que máis que golpear acaricia

Viños de Porto, viños de pausa, devagar, para tomar con respeito e sen resistirnos á segura tentación de seguir cunha copa despois da anterior, e asi ate que os soños se tornen posibeis e o futuro máis próximo. Sempre.

DOURO, rio e vinhas

Chuzame! A Facebook A Twitter