do Douro Vinho do Porto.

Sumerximonos e navegamos entre aromas e cores, aromas dunha profundidade e longura perceptivel como unha espiral de sensacións en continua evolución, pulsión multiplicada en cada contacto, momentos de inmersión agarimosa, envolvente, seda que tapiza o padal tecida nos balcóns dos que asoman as quintas, por detrás de cada esporón escalado en bancais cara ó ceo, santuarios de culto ás viñas antigas e tradicionais, aos sousaos e bastardos que abriron o camiño, á santidade das tourigas e tintas de diferentes apelidos que o Douro cos seus Côa, Tua, Torto, Pinhao modela.

Cando falamos de Vintage mentamos e saboreamos a excelencia, a potencia aterciopelada dunha xuventude atemperada polo alcohol, a dozura e a evolución da froita, o mato de herbas aromáticas, as especias, o xisto, o cacao e o fondo subtil dos tostados da madeira; na boca a sensación é de plenitude… coma mastigar a elegancia.

Força – xuventude – lonxevidade, a ecuación dun vintage en tres palabras.

Nos Tawny dominan as notas de oxidación que a longa estancia nos cascos de madeira proporciona, os fruitos secos torrados, as flores secas, os vernices, o caramelo, o café ou os tonos iodados. A longa vida destes viños na madeira ten virado a cor  do rubí cara os tonos aloirados vermellos, que no caso de mostrar reflexos reverdeados estariannos a dicir que a media dos viños que o compoñen supera os 30 anos. Na boca son densos, voluminosos, dunha potencia que máis que golpear acaricia…

Viños do Porto, viños de pausa, devagar, para tomar con respeito e sen resistirnos á segura tentación de seguir cunha copa despois da anterior, e asi ate que os soños se tornen posibeis e o futuro máis próximo.

polo DOURO, rio e vinhas doismilionze

Os comentarios están pechados.