Memoria de Ventura godello

O Memoria de Ventura Godello 09 é un viño elaborado pola Adega da Pinguela no Carballal (Petín de Valdeorras). Como comentaba neste caderno hai uns meses os tintados desta adega foran dos que máis me gustaran o pasado verán na feira e na cata de Valdeorras, porque son: tintos que non levan un paso musculado, buscando máis cadencia e menos pegada: cunha mencía limpa e frutal, un brancellao elegante e unha garnacha tintureira que é a face máis potente da adega. Se os tintos salientan o lado máis equilibrado, o Memoria de Ventura branco (godello) resalta a chispa, apareciendo asi un godello brioso e non apagado, de paso alegre e non maduro.

Petín

Con intensidade frutal amarela brillante, felizmente acompañada das herbas aromáticas dominadas polo fiúncho, todo nun campo lozano perfumado do seu cheiro alegre e floral co punto mineral da terriña. Gusto con brio e, coma o cheiro que leva, alegre, tamén saboroso, pasando cunha sensación agridoce aderezada de cítrico frescor e punto amargoso final, deixando un postgusto longo e convidativo.

2 ResponsesMemoria de Ventura godello to “”

  1. “Tintos que non levan un paso musculado”…simplesmente esa afirmación, xa nos dí que estamos dediante de xente e viños valentes… ollaremos algún día coma os músculos iranse embora, aínda que non sexa coma o vento norte por aqueles olivares perdidos, que dicía unha vella canción. Saúdos

  2. vento do norte incisivo, limpo, sen grassa…

    unha aperta