Archive for Abril, 2011

Eloxio do sinxelo

Xa pasou a feira do viño de Amandi deste ano e o Val da Lenda, viño de mencía colleitada, elaborada e embotellada por Laura López López en Cantón (Sober), foi un dos tres premiados xunto co Guímaro e o Dominio de Sanxiao. Este ano non estiven nin na cata de clasificación da anada do consello regulador […]

Los Arribes de La Setera

Los Arribes del Duero hai un par de días: xestas de flor branca pequerrechiña co morado do espliego e a voluminosa flor branca da jara entre campos verdes de trigo e cepas miudas brotando. O minifundio de cultivo racional, algún enxeñeiro neste momento terá botado unha gargallada, as maos á testa ou berrado un improperio sobre quen […]

Nanclares

Albariño do Salnés, e se botamos a ollada cara atrás no tempo e na memoria, cando aínda non mollabamos os beizos con albariño pero si bicabamos albariñas, louros cabelos que co son da baixamar e o sol da media tarde tornábanse dourados, coma os das sereas dos nosos soños deixando nos beizos o seu sabor […]

X. L. Mateo

Mateo é un viticultor-elaborador que vai co ritmo dos tempos, ou un paso por diante, coa visión no que virá e a memoria do que foi. Por iso é unha parte fundamental do actual momento, o da recuperación, estudio e posta en valor das castes de por eiquí. Ou sexa plantificalas no escenario do mundoviño de xeito limpo, en solitario, […]

VX Cuvée Caco. Primus inter pares

As viñas que dan orixe a este viño esténdense por todo o contorno da cuncha que forma este pedazo de chan que é o Coto de Gomariz no concello de Leiro. O peso histórico desta terriña é tal que nin me atrevo a trazar unha simples pincelada que resuma un algo da súa importancia, alí por […]