Issué

Issué acaba de ver a luz. Issué ven do Ribeiro arnoiá, do pequeno universo do microviñedo, das terriñas que son viñas fragmentadas en mil anacos. Issué seguindo a idiosincrasia da súa orixe so enche 2.850 botellas e leva con orgullo unha proporción significativa do lado, a caste máis representativa de Arnoia, acompañada da treixadura, do godello, da loureira e da albilla, caste esta tradicional do Ribeiro que non ten nada que ver co albillo castelán, ademais de recuperar outras todavía máis escasas como a silveiriña ou o verdello. Castes que foron fermentadas e criadas en barricas novas de carballo francés durante dez meses.

Pero o elemento esencial deste proxecto é o viticultor Bernardo Estevez que desta maneira se lanza ao mundo do viño co fundamento que aportan estas terriñas a estas castes, cultivadas seguindo a filosofía da agricultura natural de Masanobu Fukuoka, que se basea no coñecemento do solo, empregando para a protección do viñedo técnicas da biodinámica. Buscando deste xeito un viñedo san para que logo o viño reflicte con autenticidade a súa orixe.

De momento o mellor xeito de atopar este viño será acercándose a Remoiño no Val de Alá do concello de Arnoia.

no fondo o Val de Alá (Arnoia) visto desde San Amaro (Arnoia)

Antes de expresar con verbas o que este viño transmite ei de recoñecer que a emoción anticípase aos estímulos que a modiño van chegando, e coma non son un nariz electrónico nin un androide caído do ceo o que cheiro e degusto vai envolto no recordo das súas paisaxes, coa sonoridade das súas castes e a vida que vibra na viña… así vou recoñecendo a limpeza das súas formas naturais, a suave aperta do seu corpo, o perfume que deixas en min despois de ti, as liñas espidas dunha pel que ó espertar sen maquillaxe acariña, e o equilibrio… o equilibrio facendo que todo vaia saíndo de vagar, sen presa, e si, hai froita no seu punto, uva, flor branca no campo, o mineral, a luz… e pasa fresco e frutal, agarimoso e longo. Natural.

Issué 2009 a terra agradécecho

One ResponseIssué to “”

  1. […] uns meses pasara por aquí neste caderno. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = […]