A Emoción dos Viños

A “Emoción dos Viños” …que van Máis Alá, decorrerá no Claustro da Catedral de Tui o sábado 25 de xuño.

Aproveitando un entorno tan especial coma o Claustro da Catedral de Tui, antiga cápital da Suevia, daremos a coñecer os viños que emocionan, viños que van máis alá, elaboracións especiais dun grupo de viticultores – enólogos – adegueiros que representan coas súas creacións vitivinícolas os mil matices da viticultura galega. Coma os mil ríos que regan estas terriñas, viñas dos mil vales e vilas que representan tradicións diferenciadas, espacios únicos, paisaxes de ensoño que estes viños transmiten en cada trago, en cada aroma, desde a beira do mar Atlántico ate as vertixinosas pendentes da viticultura heroica de montaña. Océano que define co seu ADN o carácter destes viños, unha marca común sobrevoando entre encostas e vertentes, socalcos e chairas, bosques e matos, sobre penedos graníticos e montañas redondeadas agarimosamente polo seu aire.

Nun espacio desta magnitude que favorece a meditada degustación de manxares divinos coma o viño, buscamos:

Presentar a todos os amantes do viño as elaboracións que devolven a Galicia ao lugar onde lle corresponde neste universo do viño, que non é outro que o dos viños de máis calidade de Europa e por ende do mundo. Aqueles viños que deran fama a Galicia, sendo degustados nas mesas máis nobres polos paladares máis esixentes do continente e cantados ademais polo rei máis sabio que houbo.

Proxectar ao consumidor, neste difícil mercado do viño, a  nobreza de viños fieis á súa herdanza histórica e aos seus terroirs diferenciados: riqueza de matices, castes, paisaxes, tradicións e culturas.

Potenciar o desenvolvemento da viticultura de calidade apegada á tradición destas terras.

Concienciar aos viticultores, enólogos, periodistas, e sobre todo aos sumilleres (responsábeis de propagar nos consumidores a cultura do viño e o seu consumo saudábel)  e a todos os amantes do viño  do pequeno tesouro que representan os viños de Galicia e da súa historia, para poder proxectarse no mundo con seguridade e confianza, valorizándoos coma é debido, como se merecen.

Serán vintecinco adegas de Galicia, acompañadas dunha representación do norte de Portugal e do Bierzo por seren bisbarras que comparten con Galicia unha parte da súa identidade, seleccionadas polo seu compromiso coa calidade, representantes da identidade dos seus vales, vilas ou parroquias, da que teñen dado mostras dabondo estes últimos anos, e o que máis nos enorgullece ter levado a cor, o sabor e os cheiros da Galicia polo mundo adiante ó través dos seus viños.

O 25 de xuño no claustro da Catedral de Tui, estades todos convidados… para ir Máis Alá

6 ResponsesA Emoción dos Viños to “”

  1. Antonio, vamos dos asturianos para ahí, nos conoceremos no?
    saludos

  2. fantástico!!

    si quieres venir por la mañana que haremos algunas cousiñas y comer en Tui con algunos bodegueros me llamas: 655246272

  3. Por la mañana hemos quedado con Miguel Pedralonga, nos vemos alli a la hora de abrir mas o menos, muchas gracias antonio.

  4. Queria decir que nos vemos en la feria al abrir, mas o menos…

  5. Alí,estrarei…..

  6. Antonio, te mandé un mail, no se si lo recibiste, igual te entro en correo no deseado.
    saludos