Cividade 010

a froita da infancia, as especias máis finas, o floral que escondido se descubre entre o silvestre libre e o mineral dos seus pés… todos deixan de ser… para ser un so no aire que acompaña o seu corpiño, uhm! corpiño para roces prolongados, para orgasmos sen fin, trasladandome entre matos aromáticos que me asoman desde os balcóns de Amandi sobre o Sil, envolto no seu balsámico suave remexido polo vento das Trevincas que ó lonxe asoman, esbeltas, para surcalas de enriba a abaixo, coma o paso limpo e franco, medido e balanceado do Cividade 010

Adegas Verao en Bolmente (Sober) de José Ramón Verao Perez. Mercado na viñoteca do Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos o día da Cata oficial, sobre os 7 €.

12% que anuncian en Amandi unha volta aos viños xeitosiños que o 2009 non dera. Apreciación confirmada días máis tarde co Tear 010

Os comentarios están pechados.