Archive for Xullo, 2011

caiño D´Arvelos

Gracias deus polo caiño e pola man que pousaches nestas latitudes para repousar meu deus!! … o caiño co Atlántico no seu descanso en vales de rías e ríos D´Arvelos 010, unha caiño de Vilalonga (Sanxenxo) elaborada por Luis Padín Rei, mercada por 7 € na Feira do viño tinto de As Neves. Os froitiños silvestres […]

desde Tui o Canónigo Areal

Tivemos a ocasión de contar na “Emoción dos Viños” , no claustro da Catedral de Tui, coas dúas adegas que moran co seu viñedo neste histórico espazo xeográfico situado entre o Monte Aloia e un manso río Miño, que placidamente vai entre O Condado e O Rosal, entre Monçao e Caminha, son Remesal e Canónigo […]

Anselmo Mendes

O Miño… si, o pai Miño seica algunha vez xunguiu terriñas comúns, espacios de oliveiras, castes, vilas e persoas nomeadas da mesma maneira. Agora, desde non importa cando, é algo peor que o río do esquecemento no seu tempo, iso implicaría un coñecemento previo. Sabemos das andanzas vitivinícolas de famosos “winemarkers” de por alí, e […]

Infantado 08

perfumado de primavera lavanda e esteva fresca, entre matos e plantas, tocando a parte incisiva na fanfarria florecente das mil ladeiras durienses, abrazados de vermello por un coro frutal entrelazado entre as notas das plantas máis aromáticas. exaltación do primario mecéndo-se entre carballos, soporte case ausente no seu balanceo. infantario que envolve cos seus aromas para logo repetir […]

Afros, 09

Vibra, danzando, coma a tua lingua na miña boca, saltarín, desprendendo nun carrocel froita a discrección: baias negras e froitos vermellos silvestres con flores de todas as cores para o teu sorriso. Herbas con aromas, intensas e punzantes, adornando o cabelo que acaricio. Recordos dunha aldea chea de vida, enchida de crianzas sen paraxe e […]

A Emoción dos Viños I

Foi A Emoción dos Viños no espacio máxico do claustro da Catedral de Tui, con viticultores que representan o compromiso coa calidade e a identidade dos seus vales, vilas ou parroquias, do que teñen dado mostras dabondo estes últimos anos, e foi con nos, os amantes dos viños que buscan a esencia das terriñas e […]