A Emoción dos Viños I

Foi A Emoción dos Viños no espacio máxico do claustro da Catedral de Tui, con viticultores que representan o compromiso coa calidade e a identidade dos seus vales, vilas ou parroquias, do que teñen dado mostras dabondo estes últimos anos, e foi con nos, os amantes dos viños que buscan a esencia das terriñas e o agarimo das súas castes, o sabor da súa auténtica expresión e os cheiros que nos levan desde o mar das súas rías aos vales das ribeiras dos mil ríos e as montañas que atravesan.

Viños froito dunha viticultura de calidade que os leva máis alá, por iso sabemos que a emoción no claustro con viños coma estes sempre será, e así foi nesta primeira edición.

Por iso sobran as palabras e os adornos artificiais, na Emoción dos Viños houbo conversa limpa, directa, natural, co viño e cos seus facedores.

Acompañáronnos nesta primeira edición da Emoción dos Viños 23 adegas: dezasete galegas, cinco do norte de Portugal (Vinhos Verdes, Dao e Douro) e un viticultor invitado de San Martin de Valdeiglesias. O espacio reducido e a degustación meditada, pausada e emotiva condicionou o limitado número de adegas, tendo en conta ademais que a maioría delas elaboran máis de tres viños diferentes e con distintas anadas.

Foron: Alvaro Castro, Valdesil, Xose L. Mateo, Luis Anxo Rodriguez, Marcial Dorado, Pazos de Lusco, Fernando Algueira, Rafael Palacios, Pedro Guimaro, Canónigo Areal, Forjas do Salnés, X. L. Sebio (Coto de Gomariz), Joao Roseira (Quinta do Infantado), Alfredo Alvarez (Triskel), Pazo Casanova, José María Régoa, Remesal, Anselmo Mendes, Todd Blomberg (Benito Santos), Gerardo Mendez (Do Ferreiro), Manuel Areal (Quinta do Vale da Perdiz e Penderuyos de Cangas de Narcea) e Marc Isart (Bernabeleva), e serán na seguinte:….

Ate a próxima!!!
Saude e viño… e emoción!!

Os comentarios están pechados.